miniatura|Fachada da Igrexa. A Igrexa de San Nicolás O Real é conxunto arquitectónico do século XVII situado en Vilafranca do Bierzo, inspirado no Colexio da Nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos, que á súa vez intenta reproducir o Mosteiro de San Lorenzo do Escorial.
A igrexa segue o modelo xesuítico, dunha soa nave en cruz, con media laranxa rebaixada e lanterna sobre o cruceiro. Capelas fornelas intercomunicadas e pilastras toscanas individualizando os tramos.
O claustro, con dúas ordes de arcos de medio punto entre pilastras e galerías de arcos dobres entre semicolumnas sobre unha das cruxías.
Relacionándose, por un lado co desaparecido convento madrileño de Santo Tomás, na solución adoptada de pechar os arcos deixando ventás e óculos ovais no piso baixo e balcóns e óculos elípticos no segundo piso, e por outro co claustro dos estudos da Cleracía en Salamanca.
Foi sede da deputación da Provincia do Vierzo no século XIX.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do concello .
Categoría:Vilafranca do Bierzo Categoría:Igrexas da provincia de León Categoría:Igrexas católicas de España