Goodbye Bafana é un filme dirixido por Bille August que se estreou en 2007. O filme conta a relación entre Nelson Mandela (Dennis Haysbert) e James Gregory (Joseph Fiennes), o seu censor oficial e garda de prisión, baseado no libro de Gregory Goodbye Bafana: Nelson Mandela, My Prisoner, My Friend. A historia tamén explora a relación de James Gregory e a súa muller, así como o seu cambio de vida mentres Mandela está baixo a supervisión de Gregory.

Sinopse Narra a vida de James Gregory, un surafricano branco, gardián de prisión a cargo de Nelson Mandela, dende o encarceramento deste último nos anos 60 ata a súa liberación en 1990. Durante 25 anos, Gregory ocupouse de Mandela día tras día. Foi o seu carceleiro, o seu censor, pero tamén o seu confidente, dende Robben Island ata Pollsmoor, e finalmente en Victor Verster, onde foi ceibado en 1990.

Personaxes Joseph Fiennes como James Gregory Dennis Haysbert como Nelson Mandela Diane Kruger como Gloria Gregory Patrick Lyster como Maj. Pieter Jordaan Norman Anstey como Jimmy Kruger Shiloh Henderson como Brent Gregory Tyrone Keogh como Brent Gregory Megan Smith como Natasha Gregory Jessica Manuel como Natasha Gregory Faith Ndukwana como Winnie Mandela Terry Pheto como Zindzi Mandela Leslie Mongezi como Walter Sisulu Zingizile Mtuzula como Raymond Mhlaba Mehboob Bawa como Ahmed Kathrada Shakes Myeko como Andrew Mlangeni Sizwe Msutu como Cyril Ramaphosa

Galardóns e nomeamentos 2007: Festival de Berlín: Sección oficial de longametraxes.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua xhosa Categoría:Filmes dirixidos por Bille August Categoría:Filmes rodados en Suráfrica Categoría:Filmes sobre o apartheid