Angela Anaconda é unha serie de animación canadense e estadounidense emitida nas canles Teletoon no Canadá e Fox Family e WGBH nos Estados Unidos. Conta as aventuras dunha nena de oito anos chamada Angela que vive nunha vila ficticia chamada Tapwater Springs. Ten irmáns que a anoxan, amigos raros e odia á rapaza francesa Nanette Manoir. A serie estreouse en galego na TVG e na tvG2 a través do programa Xabarín Club.

Angela Anaconda comezou como unha curta no programa de Nickelodeon Kablam!. Máis tarde converteuse nunha serie e emitiuse en Fox Family dende 1999 a 2002. Cada episodio consta de dúas historias de 11 minutos. En 2001, cando Disney mercou Fox Family e cambiou o nome da canle a ABC Family, Angela foi cancelada despoide de dous meses.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Xabarín Club

Ligazóns externas Ficha na IMDb Páxina web

Categoría:Xabarín Club Categoría:Series de televisión do Canadá Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1999 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2002 Categoría:Series de televisión con versión galega