María Áurea Rodríguez Rodríguez, nada o 16 de novembro de 1897 en Muntián (Cartelle), foi unha gaiteira galega, a primeira documentada da historia.
Traxectoria Foi a maior dos seis fillos do matrimonio José Rodríguez e Hermelinda Rodríguez. Comezou a tocar a gaita arredor de 1907, á idade de dez anos. Logo do falecemento dos seus pais formou xunto cos seus irmáns Castor, Felisindo, Manuel e Eliseo, o grupo Os Maravillas (en referencia á parroquia de onde son orixinarios, As Marabillas). O grupo tivo un enorme éxito en toda a xeografía galega durante os anos vinte. En 1929 as xiras do grupo traspasan as fronteiras de Galicia, realizan actuacións en Madrid, que coroan a Aurea como "La reina de la gaita Gallega", e pola Arxentina no mes de novembro.El correo de Galicia: órgano de la colectividad gallega en la República Argentina: Num. 1242 (10/11/1929) Na década dos trinta desfaise o grupo. Castor, Benigno e Aurea crean un novo grupo, Os Menores, e emigran a Arxentina. A última nova sobre Áurea é dunha actuación que tivo lugar en Venezuela en 1945.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Gaiteiros de Galicia Categoría:Nados en Cartelle Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades da música e o baile tradicional de Galicia