O lago Maior (en ) é un lago alpino do norte de Italia e Suíza. Trátase dun lago glaciario que se formou ao final da última glaciación. A súa altitude é de 193 msnm.
Encóntrase na fronteira de Italia e Suíza, entre os Alpes e a chaira padana, a uns 50 km ao noroeste de Milán e uns 130 km ao sur de Zürich. O 80 % da súa superficie corresponde a Italia e o 20 % a Suíza. As súas augas bañan dúas rexións italianas e un cantón suízo:
Ao norte: o cantón de Tesino (CH) Ao oeste: Piemonte (provincias de Verbano e Novara) (I) Ao leste: Lombardía (provincia de Varese) (I)
O lago encóntrase entre as coordenadas xeográficas seguintes:
Latitude: entre os 45°43' N e os 46°11' N Lonxitude: entre os 8°29' L e os 8°52' L
É o segundo lago italiano por extensión, despois do lago de Garda, cunha superficie de 212 km². A elegancia de célebres estacións climáticas e a beleza e variedade da paisaxe convérteno nunha das metas máis frecuentadas e preferidas polo turismo internacional.
As fermosas vilas ás súas orelas tiveron gran fama durante a Belle Époque, e algunhas conservan aínda, en parte, o aspecto daqueles tempos.
Entre a máis famosas están Arona, patria de San Carlos Borromeo; Stresa, elegante e refinada; Pallanza coa súa Villa Taranto adornada cun fermoso xardín e, na ribeira lombarda, Luino e Laveno-Mombello.
Son de particular interese as illas Borromeas, fronte a Stresa: a Illa Bella, co maxestoso Palacio Borromeo (sede dunha pinacoteca) e o seu su espectacular xardín á italiana do período barroco, e a illa dos Pescadores, cun palacio do século XVIII e un xardín botánico.
Maior Maior Categoría:Provincia de Verbano-Cusio-Ossola Categoría:Provincia de Novara Categoría:Provincia de Varese