O río Ebola (ás veces ortografado Ébola) é un río situado no norte da República Democrática do Congo que é o curso superior do río Mongala, á súa vez afluente do río Congo. Os ríos Dua (225 km) e Likame (130 km) teñen ambos os dous unha confluencia conxunta co río Ebola para orixinar o río Mongala. Os primeiros 225 km do curso superior do río Mongala corresponden ao río Ebola, e o curso inferior do Mongala ten outros 285 km.
O nome Ebola é unha adaptación en lingua francesa do nome local Legbala, en lingua ngbandi, que significa "auga branca". Durante a administración colonial belga utilizáronse eses dous nomes para o río, xunto coas denominacións Eau Blanche e, máis raramente, L'Ébola.
Nunha rexión próxima a por onde discorre este río deuse en 1976 un gromo epidémico dunha enfermidade hemorráxica nova producida por un virus descoñecido.http://www.ft.com/cms/s/2/4c1711c2-d004-11e3-a2b7-00144feabdc0.html "Ebola Ground Zero My Journey Back" Financial Times 3 de maio de 2014 Utilizouse o nome do río para darlle nome á doenza (enfermidade do virus Ebola), así como ao virus (virus Ebola ou EBOV, da especie Ebolavirus Zaire), e ao xénero destes virus (Ebolavirus). En realidade, a doenza empezara na vila de Yambuku, a uns 98 km ao sur das beiras do Ebola, pero o profesor Peter Piot, que lle deu o nome, preferiu non asociar o estigma da doenza con ningunha localidade e decidiu darlle o nome dun río relativamente próximo, que discorre pola rexión por onde viaxaran algúns dos primeiros afectados.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Mapa da rexión de Yambuku Com hem de pronunciar 'ebola'? - Núvol Discusión sobre a pronuncia e escrita da palabra en catalán e outras linguas.
Categoría:Afluentes do Congo Categoría:Ríos da República Democrática do Congo