A arquidiocese de Agaña (en latín: Archidioecesis Aganiensis) é unha sé metropolitana da Igrexa católica latina. En 2012 contaba con 157.000 bautizados sobre unha poboación de 184.000 habitantes. O arcebispo actual é Michael Jude Byrnes.

Territorio A arquidiocese abrangue o territorio de Guam. A sé arcebispal está na cidade de Hagåtña, onde está a catedral do Doce Nome de María.

O territorio está organizado en 24 parroquias.

Historia O 1 de marzo foi erixida a vigairía apostólica de Guam, co breve Ex hac quam divinitus do papa Pío X, en territorios da prefectura apostólica das Illas Marianas, que á súa vez fora erixida en 1902, en territorios da arquidiocese de Cebú. O 4 de xullo 1946 a vigairía ampliou a súa xurisdición ás devanditas Illas Marianas.

O 14 de outubro de 1965, coa bula Centenario anno do papa Paulo VI, a vigairía foi elevada a diocese, e tomou o nome de diocese de Agaña.

O 8 de marzo de 1984 a diocese foi elevada ao rango de arquidiocese coa bula Compertum quidem do papa Xoán Paulo II. O 8 de novembro do mesmo ano cedeu o territorio das illas Marianas para a erección da diocese de Chalan Kanoa (Vialembensis).

Episcopoloxio Francisco Xavier Vilá i Mateu (25 de agosto de 1911 - 1 de xaneiro de 1913, finado) Agustín Bernaus i Serra (9 de maio de 1913 - 14 de setembro de 1913, nomeado vigairo apostólico de Bluefields) Felipe Joaquín Oláiz Zabalza (20 de xullo de 1914 - 1 de xaneiro de 1933, renuncia) León Ángel Olano Urteaga (9 de xullo de 1934 - 20 de agosto de 1945, renuncia) Apollinaris William Baumgartner (25 de agosto de 1945 - 18 de decembro de 1970, finado) Felixberto Camacho Flores (24 de abril de 1971 - 25 de outubro de 1985, finado) Anthony Sablan Apuron (10 de marzo de 1986 - 4 de abril de 2019, expulsado) Michael Jude Byrnes (4 de abril de 2019 - actualidade)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Perfil en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Divisións territoriais católicas en Guam Categoría:Arquidioceses da Igrexa católica latina