Astérix et Obélix contre César é un filme dirixido por Claude Zidi que se estreou en 1999. É o primeiro da serie de filmes baseados na banda deseñada de Goscinny e Uderzo Astérix. O filme combina o argumento de varias historias de Astérix, como Astérix o galo, Le Devin, Astérix e os godos, Astérix lexionario e Astérix gladiador.
No ano da súa estrea, foi a produción máis custosa do cine francés. Foi superada pola súa secuela Astérix et Obélix : Mission Cléopâtre, no 2002.
Sinopse A pequena vila de Astérix e Obelix é o último lugar que queda fóra do control de Roma. Cando o recadador de impostos Claudius Incorruptus non consegue os cartos dos seus habitantes, o propio Xulio César achégase ó lugar para ver que hai de especial neles. O segredo é unha poción máxica preparada polo seu druída Panoramix lles dá a todos unha forza sobrehumana cando a beben.
Personaxes Christian Clavier como Astérix Gérard Depardieu como Obélix Roberto Benigni como Lucius Detritus Michel Galabru como Abraracourcix Claude Piéplu como Panoramix Daniel Prévost como Prolix Pierre Palmade como Assurancetourix Laetitia Casta como Falbala Arielle Dombasle como Mme Agecanonix Sim como Agecanonix Marianne Sägebrecht como Bonnemine Gottfried John como Xulio César Jean-Pierre Castaldi como Caius Bonus Jean-Roger Milo como Cetautomatix Jean-Jacques Devaux como Ordralfabetix
Galardóns e nomeamentos 1999: Premios César: 1 nomeamento.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dirixidos por Claude Zidi Categoría:Filmes de Astérix Categoría:Filmes de Pathé