Avinyonet de Puigventós é un concello na comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona, en Cataluña.
Entidades de poboación Entidade de poboación Habitantes Avinyonet de Puigventós 1.491 les Trescases 2 Santa Eugènia 16
Historia O diminutivo de Avinyonet dende o século XIV, comezouse a utilizar probablemente pola envergadura que ía adquirindo a cidade occitana homónima, que era sede papal. Algúns achados arqueolóxicos nos arredores demostran que o lugar estaba habitado na época romana, aínda que se fundou á idade media. A cidade creceu preto dun castelo que pertencía á orde militar de Malta. Esta fortaleza estivo en mans dos hospitalers dende o século XIII ata 1804. A casa do concello, ocupa dende principios do século XX a antiga igrexa de Sant Joan desta orde.
Lugares de interese Castelo da Orde de San Xoán de Xerusalén. Desta fortaleza só se conservan vestixios, como restos da muralla, unha torre cuadrangular, un antigo cemiterio e un gran portal alintelado que se cre podería ser a antiga entrada principal do castelo. Está declarado Ben cultural de interese nacional. Igrexa parroquial de Sant Esteve. Reconstruída sobre partes do edificio románico anterior no século XV e posteriormente no século XVIII, que se cambiou a orientación, polo cal a fachada románica quedou como muro da cabeceira cun campanario de cadireta de catro ollos. Ermida de Santa Eugènia. De orixe románica.
Política Lexislatura Alcalde Partido 2011-2015 Josep Maria Bartolomé i Foraster CiU 2007-2011 Josep Maria Bartolomé i Foraster CiU 2003-2007 Maria Terradas i Bosch CiU 1999-2003 Antoni Badia i Llado CiU
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Catalunya poble a poble, Barcelona, Edicions 62, vol. 2 (2005). ISBN 84-297-5790-2 Josep M. Marquès, Josep Riera, "Avinyonet de Puigventós: poble, parròquia i castell", Annals de l'Institut d'Estudis Empordanesos, 13 (1978), 11-66. Ligazóns externas Páxina oficial do concello Páxina web do Consello Comarcal do Alt Empordà Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya
Categoría:Concellos da provincia de Xirona