Sebastián Rodríguez Veloso, máis coñecido como Chano Rodríguez, nado o 27 de febreiro de 1957 en Cádiz e veciño de Vigo, é un nadador multimedallista paralímpico español, ex-membro dos GRAPO.

Traxectoria

Como membro do grupo terrorista Grupos de Resistencia Antifascista Primero de Octubre participou en varios atentados, incluíndo ataques con explosivos e o asasinato en 1984 de Rafael Padura, presidente da Confederación de Empresarios de Sevilla, feitos polos que en 1985 foi condenado a 103 anos de cadea.Real Decreto 584/2007, de 27 de abril, por el que se indulta a don Sebastián Rodríguez Veloso

Estando en prisión, en 1990 fixo unha folga de fame de máis de catrocentos días que lle causaría graves problemas de saúde, ata o punto de provocarlle a falta permanente de mobilidade en ambas pernas, discapacidade que padece dende aquela, feito que suporía a súa excarceración en liberdade condicional en novembro de 1994."Concedida la libertad al grapo Sebastián Rodríguez Veloso por sufrir parálisis" (en castelán). El País. Consultado o 9/8/2013.

Trasladouse a Vigo, onde comezou a traballar vendendo o cupón da ONCE e a practicar natación, disciplina na que acadaría moitos éxitos, incluíndo quince medallas en varias edicións dos Xogos Paralímpicos (oito de ouro, catro de prata e tres de bronce) e outras moitas vitorias en cinco convocatorias dos campionatos do mundo de natación IPC.Comité Paralímpico Internacional .

Un Real Decreto do Consello de Ministros do Goberno de España indultouno en abril do ano 2007. e en 2009 a Ministra de Educación concedeulle o ingresou na Real Orde do Mérito Deportivo, na categoría de Medalla de Ouro.Orden ESD/951/2009, de 3 de abril, por la que se aprueba el ingreso en la Real Orden del Mérito Deportivo...

Notas

Véxase tamén Bibliografía Doñate Mañeru, Antonio: Acceso al comportamiento, 2011, ISBN 9788496594791. Ligazóns externas Comité Paralímpico Español

Categoría:Medallistas paralímpicos de Galicia Categoría:GRAPO Categoría:Nados en Cádiz Categoría:Nados en 1957 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nadadores de Galicia Categoría:Medallistas paralímpicos en natación Categoría:Medallistas paralímpicos de ouro por España Categoría:Medallistas paralímpicos de prata por España Categoría:Medallistas paralímpicos de bronce por España Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2000 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Paralímpicos de 2012