XesGalicia é unha sociedade galega xestora de entidades de capital de risco. Está participada na súa meirande parte polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), dependente da Xunta de Galicia, que aporta á sociedade un 70% do capital. O restante 30% fica alimentado polo aforro interno da corporación.
O seu presidente é Xoán Manuel Cividanes Roger.
Nacemento e obxectivos Accionistas de XesGalicia(ano 2001)TipoPorcentaxeIGAPE46,7%Xunta de Galicia20,64%ABANCA (Caixanova e Caixa Galicia23,60%Banco Pastor4,35%BBVA3,79%Sociedades de desenvolvemento rexionalfrancesas (Bretagne e L'Ouest)0,92%Fonte: Consello de Contas..
XesGalicia foi creada no ano 1999, autorizando ao IGAPE a constituíla coa fin de financiar ás empresas galegas. Así, a sociedade constitúese baixo a forma de se S.A. cun capital social de 1.202.020 euros.
O obxectivo desta sociedade é incentivar e financiar o crecemento empresarial mediante a participación minoritaria e temporal do capital das empresas. Ten potestade tamén para outorgar préstamos ordinarios ou préstamos participativos, botando man dun Fondo de Capital de Risco.
Malia que o obxectivo inicial era investir en empresas economicamente viábeis, e co agravante da crise económica, na práctica XesGalicia mudou cara a unha entidade de rescate de empresas con perdas. Así, no ano 2012 un 63% das empresas participadas pola Xunta de Galicia a través de XesGalicia ficaban en números vermellos.
Subdivisións XesGalicia ten seis instrumentos financeiros para a axuda ao préstamo das empresas galegas: Sodiga, unha sociedade anónima destinada ás empresas con especial potencial de crecemento. Fondo Adiante, destinado para empresas que, malia seren viábeis, presentan dificultades específicas. Emprende, destinada ás novas empresas de recente creación. Fundación Impulsa Ferrol, destinada especificamente a fornecer o tecido empresarial da bisbarra da comarca de Ferrol. Posibilita, destinada á promoción de empresas de discapacitados. Fondo Tecnolóxico I2C, destinado ás empresas de desenvolvemento tecnolóxico e I+D.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Economía de Galicia Pequena e mediana empresa (PEME) IGAPE Ligazóns externas Web de XesGalicia
Categoría:Administracións públicas de Galicia