Methanosarcinales é unha orde de microorganismos arqueanos de metabolismo metanóxeno da clase Methanomicrobia.Ver no NCBI a páxina das Methanosarcinales. Datos extraídos de As características dos seus xenes de ARNr 16S fan que se considere que forman un clado propio. Viven en hábitats anaeróbicos de auga doce e salgada, sedimentos, rume de ungulados, lodos, augas residuais, esterco, dixestores anaeróbicos. Hai especies de Methanosarcinales en ambientes con todos os rangos de salinidade. Crecen utilizando o acetato, que converten en metano e dióxido de carbono, ou, na familia Methanosarcinaceae, catabolizan compostos metilo como metanol, metilaminas ou metilsulfuro (moitas Methanosarcinaceae poden usar o H2 para reducir o metilo). En ambientes anóxicos escuros e con CO2 como único aceptor de electróns as Methanosarcinales, como Methanosarcina e Methanosaeta, son os únicos organismos que poden degradar o acetato. Presentan unha parede celular proteica e algúns unha vaíña de heteropolisacárido (pero sen peptidoglicano nin pseudomureína). Teñen forma de cocos, pseudosarcinas ou bacilos envaiñados.Melissa M. Kendall, David R. Boone . The Prokaryotes. 2006, pp 244-256. The Order Methanosarcinales.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Revistas científicas
Libros científicos
Bases de datos científicas
Ligazóns externas
Categoría:Arqueas