A Cidade de Belize é a cidade máis grande de Belize. Ten unha poboación de 67.964 habitantes (80.000 contando os arralbaldes). Atópase na boca do río Belize, na cosa do mar Caribe. A cidade é tamén o principal porto do país e o seu centro industrial e financeiro.

En 1961 o furacán Hattie derruía a cidade, que se mantivo como a capital de Honduras Británica ata 1970 ao se converter Belmopán na nova sede do goberno.

Historia A Cidade de Belize (orixinalmente "Vila de Belize" ou "Belize Town en inglés) fundárona a mediados do século XVII piratas e traficantes de escravos británicos. O lugar fora anteriormente unha vila maia chamada Holzuz, e os españois coñecíana como Puerto Valiz.

Belize era ideal para os británicos como centro da súa colonia, xa que atópabase na costa e na boca de ríos e regos dende onde embarcar a madeira de caoba e pau campeche. A poboación de Belize tamén se converteu no fogar de miles de escravos africanos mercados polos británicos para traballar na industria madeireira. Belize foi o punto de coordinación para a batalla do Illote de San Xurxo no 1798, gañada polos británicos evitando a invasión española da colonia. A cidade tamén foi do fogar dos tribunais locais e dos funcionarios do goberno ata a década de 1970.

Desastres naturais 200px|miniatura|esquerda|Estragos do furacán de 1931 Belize mellorou as súas infraestruturas lentamente e foi obxecto de numerosos proxectos. Non obstante, moitas das rúas da época colonial son aínda demasiado estreitas e conxestionadas, a maioría das casas son susceptíbeis de sufrir incendios e danos provocados polos furacáns, polo que a cidade sempre está agardando que suceda algunha catástrofe.

A Cidade de Belize foi devastada por dous furacáns dende 1900: un en 1931 e outro, o furacán Hattie, en 1961. Ademais varias zonas da cidade sufriron incendios: en 1999 un incendio en Albert Street reduciu a cinzas Mikado, e outro en 2004 acabou co edificio Paslow. A cidade viuse afectada por outros incendios que queimaron grandes grupos de casas, aínda que o Departamento de Incendios foi capaz de apagar a maioría deles. A cidade tamén é susceptíbel de sufrir inundacións na estación chuviosa.

Xeografía Belize esténdese dende a Milla 8 na autoestrada do Oeste ata a Milla 13 ou Milla 14 da autoestrada do Norte, na ponte sobre o Haulever ou Haulever Bridge.

A cidade divídese en dúas zonas: o lado norte ou Northside, delimitada polo rego de Haulever ou Haulever Creek e chegando cara ao leste ata a zona de Fort George; e o lado sur ou Southside, que se estende cara ás aforas da cidade e a zona portuaria e inclúe o centro urbano. Politicamente, a cidade divídese en dez distritos electorais.

A zona de Fort George é, talvez, a zona máis colonial da cidade e nela atópanse o Memorial Park, a tumba do barón Bliss ou Baron Bliss Grave e o Museo de Belize.

Clima

Cidades irmandadas Ann Arbor, Estados Unidos de América. Buenos Aires, Arxentina. Kaohsiung, Taiwán. Mérida, México. Chetumal, México.

Véxase tamén

Outros artigos

Belmopán

Notas

Categoría:Cidades de Belize Categoría:Cidades costeiras