Enemy Mine é un filme estadounidense dirixido por Wolfgang Petersen que se estreou en 1985. Baséase na historia homónima de Barry B. Longyear. Foi protagonizado por Dennis Quaid e Louis Gossett, Jr.. O filme comezou a produción en Budapest en abril de 1984 baixo a dirección de Richard Loncraine, que axiña entrou en "diferenzas creativas" co produtor Stephen J. Friedman e os executivos de 20th Century Fox. Wolfgang Petersen converteuse no novo director e rodou de novo as escenas de Loncraine movendo a produción a Múnic.
Sinopse Inimigos por instinto, un humano e un alieníxena con aspecto de réptil libran nun planeta abandonado unha dura batalla, parte da salvaxe guerra que enfronta a Terra co planeta Dracon. Esta guerra acada unha dimensión que pode poñer en perigo a supervivencia de ámbolos planetas e pode conducir ó exterminio total.
Personaxes Dennis Quaid como Willis "Will" Davidge Louis Gossett, Jr. como Jeriba Shigan Brion James como Stubbs Richard Marcus como Arnold Carolyn McCormick como Morse Bumper Robinson como Zammis Jim Mapp como Drac vello Lance Kerwin como Joey Wooster Scott Kraft como Jonathan Lou Michaels como Wilson Andy Geer como Bates Henry Stolow como Cates Herb Andress como Hopper Danmar como Home sabio Mandy Hausenberger como Primeiro médico
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en TCM Movie Database Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1985 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Wolfgang Petersen Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de guerra e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes rodados nas Illas Canarias Categoría:Filmes sobre dereitos dos animais