O emblema de Irán (, neshān-e rasmi-ye Irān) é un dos símbolos nacionais do país dende a Revolución iraniana de 1979. Representa de forma persa estilizada o nome de Alá.
O logo está formado por catro medias lúas e unha espada. As lúas representan a palabra Alá. As cinco partes do emblema simbolizan os Principios da Relixión. Enriba da espada está a shadda: en alfabeto árabe, é empregado para dobrar unha letra. A forma do emblema tenta semellar un tulián, pola memoria da xente que morreu por Irán.
O logo foi deseñado por Hamid Nadimi, e foi oficialmente aprobado polo aiatolá Ruhollah Khomeini, fundador da República Islámica de Irán o 9 de maio de 1980.
Escudos históricos
Categoría:Símbolos de Irán Irán