Serbuan Maut é un filme indonesio de artes marciais dirixido e escrito por Gareth Evans que se estreou no 2011. Está protagonizado por Iko Uwais. É a segunda colaboración entre Evans e Uwais despois de Merantau, estreado en 2009. Ámbolos filmes amosan as artes marciais de Indonesia, pencak silat, con coreografías de Uwais e Yayan Ruhian.

Sinopse Todo o mundo en Iacarta sabe que nos barrios baixos da cidade hai un edificio que serve de refuxio para os criminais mis perigosos de Indonesia. Algo así como unha fortaleza do mal cuxa lenda medra día a día e á que mesmo a policía teme achegarse. Malia todo, un grupo das forzas especiais de elite tentará derrubar as súas defensas e deter tódolos criminais. Mais a operación non sae segundo o previsto, e os policías atoparanse atrapados no edificio, sen fuxida posible e rodeados de asasinos.

Personaxes Iko Uwais como Rama Donny Alamsyah como Andi Joe Taslim como Sarxento Jaka Ray Sahetapy como Tama Riyadi Yayan Ruhian como Mad Dog Pierre Gruno como Tenente Wahyu Tegar Satrya como Bowo Eka "Piranha" Rahmadia como Dagu Verdi Solaiman como Budi Ananda George como Ari Yusuf Opilus como Alee Iang Darmawan como Gofar M. Iman Aji como Eko Zaenal Arifin como Zaenal Hanggi Maisya como Hanggi

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua indonesia Categoría:Filmes de Indonesia Categoría:Filmes dirixidos por Gareth Evans Categoría:Filmes ambientados en Indonesia Categoría:Filmes rodados en Indonesia Categoría:Filmes de artes marciais Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics