O chourizoRíos Panisse, Mª C. (1977), p. 20. (Aristaeomorpha foliacea (Risso, 1827) é un crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos e familia dos aristeidos.
Taxonomía
A especie foi descrita en 1827 polo naturalista nizardo Giuseppe Antonio Risso, coñecido como Antoine Risso,Na obra: Risso, A. (1827): "Sur quelques nouveaux Crustacés observés dans la mer de Nice". Journal de Physique, de Chimie et d’Histoire Naturelle 95: 242-248. baixo o nome de Penaeus foliacea.
Ao longo da historia coñeceuse polos seguintes sinónimos:Aristaeomorpha foliacea (Risso, 1827) no WoRMS.
Aristaeomorpha giglioliana Wood-Mason, 1892 Aristaeomorpha mediterranea Adensamer, 1898 Aristaeomorpha rostridentata (Spence Bate, 1888) Aristeus japonicus Yokoya, 1933 Aristeus rostridentatus Spence Bate, 1881 Penaeus meridionalis Hope, 1851
Nomes galegos Para Aristaeomorpha foliacea rexístranse, na bibliografía galega, os seguintes nomes: No seu Inventario, Ríos Panisse recolle chouriso en tres localidades, cos castelanismos chorizo en dúas, e chorizón noutra; e carabinero (un castelanismo) noutros tres portos. Pola súa parte, Rosa Ramonell, na súa Guía, dálle os nomes de gamba roxa e chourizo.Ramonell, R. (1985), p. 206. Finalmente, Lahuerta e Vázquez, no seu Vocabulario, adxudícanlle o de gamba vermella.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 227.
Descrición É unha gamba de dimensións medias, de entre 15 a 20 cm, pero que pode chegar a medir atá 22,5 cm.Ramonell, R. (1985), p. 207.Holthuis (1980), p. 8. Os machos son un pouco máis pequenos que as femias e non chegan aos 20 cm.
O seu rostro é moi curtoLuther & Fiedler (2012), p. 112. e, como en todos os crustáceos pertencentes ao xénero Aristaeomorpha, presenta máis de 4 dentes na parte dorsal.Fischer, W. & G. Bianchi (1984), p. 3.. Nos exemplares feminimos o número de dentes é de 5 a 6.
A casca do cefalotórax é robusta e está provista de espiñas, e é dunha cor vermella escura avelulada. O abdome é longo, cos segmantos terceiro a sexto aquillados dorsalmente e rematado por detrás nunha aguda e pequena espiña. Presenta cinco apéndices natatorios e o último segmento abdominal termina nunha cola (telson) con forma de abano.Fischer, W. & G. Bianchi (1984), p. 1. O telson é estreito, e está rematado en punta aguda. Os pleópodos teñen forma de látego groso e segmentado, e os uropodios son amplos e laminados.
Hábitat e distribución É unha especie típica de fondos fangosos, difundida por todos os océanos.
Vive en grupos a profundidades superiores aos 200 m, normalmente entre os 250 e os 1.300 m, en augas con temperaturas ao redor dos 13,5 °C.
No Atlántico oriental distribúese desde o golfo de Biscaia até as costas africanas desde Marrocos até Suráfrica. É común no Mediterráneo, desde España até Grecia. En España o maior volume de pesca acádase nas rexións pesqueiras suratlántica, levantina e tramontana.Ramonell, R. (1985), p. 208.
Tamén se pesca no golfo de México, en Australia, Nova Zelandia e tamén no Xapón e nas illas Canarias.
Bioloxía Alimentación Ten unha dieta composta principalmente de invertebrados mariños, especialmente dos que compoñen o krill.Aristaeomorpha foliacea, giant red shrimp. SeaLifeBase Consultada o 17 de agosto de 2014.
Reprodución Reprodúcese en verán.
Pesca Esta especie péscase con artes de arrastre de profundidade; por iso, a súa presenza nos mercados aínda é recente. A maioría destas gambas que vemos nas lonxas galegas procede da rexión suratlántica e de Marrocos , a onde van pescalas os barcos galegos. Comercialízase fresca e conxelada.
Péscase frecuentemente no Mediterráneo, sobre todo en España e Italia. Tamén se captura amplamente en Alxeria e Israel, así como en Nova Zelandia.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.
Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Luther, Wolfgang & Kurt Fiedler (2012): Guida alla fauna marina costiera del Mediterraneo. Roma: Franco Muzzio Editore. ISBN 978-8-8741-3226-3. Resumo. Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary ". Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3. Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2010): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-90-04-16441-3. PDF. Tavares, Marcos Domingos: Shrimps. FAO species identification sheets for fishery purposes. Roma: FAO. Ver en PDF . Ríos Panisse, Mª C. (1977): Nomenclatura de la flora y la fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
Outros artigos Gamba (crustáceo) Carideos Marisco
Ligazóns externas Aristaeomorpha foliacea giant gamba prawn en Animal Diversity Web Consultada o 17 de agosto de 2014. Aristaeomorpha foliacea Giant Gamba Prawn en Encyclopedia of Life Consultada o 17 de agosto de 2014. Gambero rosso. Aristaeomorpha foliacea Consultada o 17 de agosto de 2014.
Categoría:Carideos Categoría:Crustáceos de Galicia Categoría:Marisco Categoría:Animais descritos en 1827