O castro da Frouxeira ou castro de Punta Frouxeira é un poboado castrexo costeiro fortificado do concello de Valdoviño.
Descrición Está situado no extremo leste da praia da Frouxeira, ten forma semicircular cun diámetro máximo de 100 metros paralelo ao océano e un ancho máximo ata o océano de 50 metros. Ten unha primeira liña defensiva de grande tamaño e dúas máis pequenas. Ao nordeste hai un acceso posterior que corta as liñas defensivas. Ao sur estaba a entrada principal.
Fronte ás liñas defensivas hai unha devasa e nas proximidades tentouse construír unha urbanización que foi declarada ilegal polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en 2018.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Arco Ártabro
Ligazóns externas Catálogo plan básico autonómico Castro da Frouxeira Xunta de Galicia
Frouxeira