Cabaleiros con aquelFicha da serie en culturagalega.org foi unha comedia producida pola BBC do ano 1999 e emitida pola TVG no ano 2001 e reemitida no 2006 protagonizada por The league of gentlemen, un cuarteto de humoristas formado en 1995 por Jeremy Dyson, Mark Gatiss, Steve Pemberton e Reece Shearsmith, e que colleron sona con ela.
Argumento Trátase dunha sitcom ambientada nunha pequena vila inglesa do interior. Contén elementos de terror e humor inglés, e segue as vidas de decenas de habitantes bizarros da cidade, interpretados por Gatiss, Pemberton e Shearsmith, usando para iso unha serie de disfraces e maquillaxes. A serie de televisión foi filmada principalmente en Hadfield, pero tamén en Glossop, Gamesley, Marsden, Mottram, Hope Valley (Derbyshire) e Todmorden.
O argumento principal comezaba en torno á construción dunha estrada pola vila de Roston Vasey, pero logo seguía con outros marcos argumentais acerca das relacións entre as distintas personaxes, seguindo a vida dos excéntricos habitantes desta vila, parodiando actos cotiás e mesmo típicas escenas do cinema de terror dos 80.
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión con versión galega Categoría:Series de televisión da BBC Categoría:Series de televisión iniciadas en 1999