Borja Gómez Pérez, coñecido habitualmente como Borja Gómez, nado en Madrid o 14 de maio de 1988, é un futbolista profesional español da canteira do Real Madrid que xoga como defensa central.
Traxectoria Nado en Madrid, formou parte das categorías inferiores do Real Madrid, aínda que non conseguiu chegar ao primeiro equipo. Posteriormente asina coa Unión Deportiva Alcorcón, con quen consegue o ascenso a Segunda División en 2010, sendo titular con tan só 21 anos. Ao ano seguinte asinaría con outro equipo da Comunidade de Madrid, o Rayo Vallecano, que a final de tempada que tamén conseguiría o ascenso, esta vez a Primeira División. Con todo, Borja Gómez non viviría o ascenso en primeira persoa, xa que despois de xogar 11 partidos no equipo de Vallecas, o 2 de marzo de 2011 asina un contrato de 3 anos co Football Club Karpaty Lviv da Premier Liha ucraína. Ao ano seguinte sería cedido ao Granada Club de Fútbol da Primeira División, onde xogaría 31 partidos como títular, o que fai que o club andaluz se faga cos seus servizos. Na tempada 2013-14 é cedido ao Hércules Club de Fútbol, onde debido ás lesións non goza de moitos minutos. O 21 de agosto de 2014 o Club Deportivo Lugo da Segunda División anuncia que xogará cedido nas súas filas cedido polo club granadino.
Clubs AnoClubDivisiónPartidosGoles2007-2008AD AlcorcónSegunda B2102008-2009AD AlcorcónSegunda B3402009-2010AD AlcorcónSegunda B3102010-2011Rayo VallecanoSegunda1102011-2012Karpaty LvivPremier Liha1002012Granada CFPrimeira1902012-2013Granada CFPrimeira1202013-2014Hércules CFSegunda1002014-2015CD LugoSegunda302
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en Transfermarkt Datos do xogador en BDFútbol Datos do xogador en Soccer Data Base Datos do xogador en Soccerway
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do FC Karpaty Lviv Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do UD Logroñés Categoría:Xogadores da UD San Sebastián de los Reyes Categoría:Xogadores do SC East Bengal