A Confederación Nacional de Agrupaciones Políticas Independentes (CAPI) é unha confederación de partidos políticos españois de carácter independente con ámbito de actuación nacional. CAPI busca axuntar as forzas dos numerosos grupos políticos independentes de España de ámbito local e rexional para converterse nunha alternativa política real ao bipartidismo . Entre os seus principais obxectivos están a obtención de representación a nivel nacional e a modificación da actual Lei Electoral. O seu lema é: libres para pensar, independentes para actuar.

As súas orixes están nos congresos de partidos políticos independentes celebrados entre 2004 e 2009 en Cuenca, Aranjuez, Almansa, Majadahonda e Mérida, sendo deste xeito un proxecto xestado durante varios anos. A súa constitución realizouse en Mérida o 28 de marzo de 2009, e o seu recoñecemento oficial culminou coa inscrición no Rexistro de Partidos Políticos en marzo de 2010. O seu congreso fundacional celebrouse en Leganés o 12 de xuño de 2010, e contou coa asistencia de representantes de grupos políticos de numerosos lugares de España.Los independientes se unen bajo la marca CAPI para erigirse en la tercera vía política de España O seu actual presidente é o líder e concelleiro de ULEG Carlos Delgado, tamén o é de CAPI.

En abril de 2014 anunciouse que CAPI e Cidadáns-Partido da Cidadanía subscribiron un acordo de colaboración mutuo, que culminou na participación nunha candidatura conxunta nas eleccións europeas de 2014.CAPI e Cidadáns-C's asinan un acordo de colaboración para "reforzar unha nova forma de facer política", A Tribuna de Salamanca, 14 de abril de 2014. Así mesmo, a valenciana Renovació Política abandonou CAPI para presentarse xunto a outras formacións ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.Proxecto Europa, ABC, 14 de abril de 2014.

A CAPI oponse á reforma electoral, que propón o Partido Popular para as eleccións municipais. Ademais expresou a súa intención de crear un grupo de traballo xunto con Ciutadans, UPyD e outros partidos independentes para crearen unha estratexia común de cara ás próximas eleccións autonómicas e municipais.

Membros Partido Ámbito Concelleiros Agrupación de Electores Independientes Zamoranos (ADEIZA) provincia de Zamora, Castela e León 87 Unión por Leganés (ULEG) Leganés, Comunidade de Madrid 4 Iniciativa Independiente por Villarejo Villarejo de Salvanés, Comunidade de Madrid 0 Independientes por Extremadura (IPEX) Estremadura 59 Compromiso con Aragón Aragón 52 Compromiso por Gran Canaria provincia das Palmas Canarias 4 La Voz Independiente de Aragón (L'VIA) Aragón 1 Partido Regionalista de Castilla y León (PRCAL) Castela e León 90 Unión del Pueblo Salmantino (UPS) provincia de Salamanca, Castela e León 69 Iniciativa Ciudadana por Paracuellos Paracuellos de Jarama, Comunidade de Madrid 5 Agrupación de Electores Independientes de Almansa Almansa, Castela-A Mancha 3 Unión do Pobo Ribadense Ribadeo, Galicia 1 Unión Popular de Boiro Boiro, Galicia 1 Total 376

300px|miniatura|Presentación de CAPI, de esquerda a dereita: Miguel Ángel Mateos (ADEIZA), Carlos Delgado(ULEG), Luis Fuentes(Unión del Pueblo Salmantino) e Jesús Fraile (Independientes por Aragón).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial de CAPI

Categoría:Partidos políticos de España