Guardians of the Galaxy é un filme estadounidense de superheroes baseado no equipo de Marvel Comics Guardians of the Galaxy, producido por Marvel Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. É o décimo entrega de Marvel Cinematic Universe. O filme está dirixido por James Gunn, que escribiu o guión con Nicole Perlman, e conta entre o seu elenco con Chris Pratt, Zoe Saldana, Dave Bautista, Vin Diesel, Bradley Cooper, Lee Pace, Michael Rooker, Karen Gillan, Djimon Hounsou, John C. Reilly, Glenn Close e Benicio del Toro. En Guardians of the Galaxy, Peter Quill forma unha estraña alianza cun grupo inadaptados extraterrestres despois de roubar un cobizado orbe.

O guionista Nicole Perlman comezou a traballar na historia no 2009. O produtor Kevin Feige mencionou publicamente Guardians of the Galaxy como filme potencial no ano 2010, e Marvel Studios anunciou que o filme estaba en fase de desenvolvemento activo en xullo de 2012. Gunn foi contratado para escribir e dirixir o filme o mes de setembro dese ano. En febreiro de 2013, Pratt foi seleccionado para interpretar a Peter Quill / Star-Lord, e os actores de elenco foron escollidos nos meses seguintes. A rodaxe comezou en xullo de 2013 en Shepperton Studios, Inglaterra, e continuou en Londres ata outubro de 2013. Os traballos de posprodución remataron o 7 de xullo de 2014.

Guardians of the Galaxy estreouse en Hollywood o 21 de xullo de 2014. Foi lanzada nos cines o 1 de agosto de 2014 nos Estados Unidos, en versión 3D e IMAX 3D. O filme converteuse nun éxito da crítica e de recadación, gañando $732 millóns en todo o mundo. As mellores valoracións gabaron o seu humor, a banda sonora, a dirección de Gunn e a interpretación do elenco. Anunciouse que a súa secuela será estreada no 2017.

Sinopse O temerario aventureiro Peter Quill é o obxectivo dun implacable cazarrecompensas despois de roubar unha misteriosa esfera cobizada por Ronan, un poderoso malvado cuxa ambición ameaza todo o universo. Para fuxir do incansable Ronan, Quill vese obrigado a pactar unha enguedellada tregua con catro disparatados inadaptados: Rocket, un mapache armado cun rifle, Groot, un humanoide con forma de árbore, a letal Gamora e o vingativo Drax o destrutor. Pero cando Quill descobre o verdadeiro poder da esfera, deberá facer todo o posible para derrotar ós seus extravagantes rivais nun intento desesperado de salvar o destino da galaxia.

Personaxes Chris Pratt como Peter Quill / Star-Lord Zoe Saldana como Gamora Dave Bautista como Drax the Destroyer Vin Diesel como Groot Bradley Cooper como Rocket Lee Pace como Ronan the Accuser Michael Rooker como Yondu Udonta Karen Gillan como Nebula Djimon Hounsou como Korath John C. Reilly como Corpsman Rhomann Dey Glenn Close como Nova Prime Irani Rael Benicio del Toro como Taneleer Tivan / The Collector

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2014 en 3D Categoría:Filmes baseados en Marvel Comics Categoría:Filmes dirixidos por James Gunn Categoría:Filmes con banda sonora de Tyler Bates Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Shepperton Studios Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en Surrey Categoría:Filmes sobre extraterrestres Categoría:Filmes ambientados en 1988 Categoría:Filmes ambientados en 2014 Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX