Santa María de Rodeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Oza Cesuras. Segundo o IGE en 2017 tiña 269 habitantes (132 mulleres e 137 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 350 habitantes.
miniatura|Rodeiro no Catastro de Ensenada (1752). miniatura|Rodeiro no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1849).
Historia Coa reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta, a parroquia eclesiástica de Rodeiro incorporou os lugares dos Campos e A Lagoa da parroquia de Fisteus (Curtis). No entanto, en 1942 houbo novas mudanzas eclesiásticas, sendo estes lugares incorporados á freguesía de Curtis, igual ca outros de Fisteus e Vilarraso (Aranga).
Demografía Século XVIII 1752 1768 1787 Veciños Habitantes 89 443 343
Século XIX 1826 1836 1845 1857 1860 1887 1900 Veciños 121 41 60 125 131 – – Habitantes 603 187 360 622 695 641 781
Século XX 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1986 1991 1999 2000 Habitantes 748 792 747 843 862 903 727 445 422 410 350 349
Século XXI 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 347 338 332 332 332 339 335 333 332 309 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 316 308 299 294 289 271 269 Fonte: IGE (padrón municipal)Instituto Galego de Estatística (IGE):
Cultura Topónimo Rodeiro é un topónimo latino que se refire aos cumes circulares, como poden ser os outeiros ou as localizacións de castros.
Galería
Lugares e parroquias Lugares de Rodeiro
Parroquias de Oza Cesuras
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Oza Cesuras
Categoría:Parroquias de Oza Cesuras Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía