miniatura|240px|Liocarcinus corrugatus miniatura|240px|Liocarcinus marmoreus Liocarcinus é un xénero de crustáceos decápodos braquiúros da familia dos portúnidos.

Características Son cangrexos pequenos, cun cacho de entre 2 e 5 cm de ancho. Aínda que se parecen a un pequeno cangrexo común, é fácil diferencialos debido ao seu último par de patas, esmagadas, adaptadas para a natación. En efecto, poden nadar rápido; a súa natación require unha salinidade relativamente alta, polo que adoitan vivir en zonas máis profundas que o común, a miúdo até os 35 m de profundidade; porén, no mar de Wadden encóntranse tamén en augas superficiais, xa que alí hai alimento en abundancia.

Estes cangrexos nadadores son depredadores, alimentándose de todos os pequenos animais que viven no fondo.

Especies O xénero foi descrito en 1858 polo naturalista estadounidense William Stimpson, e comprende 12 species:Liocarcinus Stimpson, 1871 no WoRMS.

Liocarcinus bolivari (Zariquiey Alvarez, 1948) Liocarcinus corrugatus (Pennant, 1777) Liocarcinus depurator (Linnaeus, 1758) Liocarcinus holsatus (Fabricius, 1798) Liocarcinus maculatus (Risso, 1827) Liocarcinus marmoreus (Leach, 1814) Liocarcinus navigator (Herbst, 1794) Liocarcinus pusillus (Leach, 1815) Liocarcinus rondeletii (Risso, 1816) Liocarcinus subcorrugatus (A. Milne-Edwards, 1861) Liocarcinus vernalis (Risso, 1816) Liocarcinus zariquieyi Gordon, 1968

Durante algún tempo estiveron icluídas nel varias especies, como: Liocarcinus arcuatus (Leach, 1814), que foi identificada como Liocarcinus navigator (Herbst, 1794) Liocarcinus mcleayi (Barnard, 1947), reclasificada como Xaiva mcleayi (Barnard, 1947), e Liocarcinus puber Manning & Holthuis, 1981, que hoxe é recoñecida como Necora puber (Linnaeus, 1767), a coñecida nécora.

En Galicia Nas augas galegas están rexistradas 8 especies deste xénero,González Gurriarán, Eduardo e Matilde Méndez G. (1985), pp. 82-97. das que hai que destacar a Liocarcinus depurator e L. navigator xa que, desde a instalación das bateas mexilloeiras nas rías Baixas nos anos 1950, e debido á modificación dos ecosistemas bentónicos, a dicir de Gurriarán e outros, constitúén dous dos principais braquiúros nas nosas augas.Muíño Boedo, Ramón (1977): Estudio de las poblaciones de Liocarcinus arcuatus y Liocarcinus depurator en relación con el cultivo de mejillón en la Ría de Arosa]. Memoria presentada para aspirar al Grado de Doutor en Bioloxía. Universidade da Coruña.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía González Gurriarán, Eduardo e Matilde Méndez G. (1985): Crustáceos decápodos das costas de Galicia. I. Brachyura. Publicacións do Seminario de Estudos Galegos. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-242-9. McLaughlin, P. A.; Lemaitre, R. & Sorhannus, U. (2007): "Hermit crab phylogeny: a reappraisal and its “fall-out”". Journal of Crustacean Biology, 27 (1): 97-115. Resumo Türkay, M. (2001): "Decapoda" en: Costello, M. J. et al. eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 284-292. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos Braquiúros Portunoideos

Ligazóns externas Liocarcinus Stimpson 1871 (crab) en Paleobiology Database Consultada o 27 de agosto de 20174. Liocarcinus no NCBI Consultada o 27 de agosto de 20174.

Categoría:Braquiúros