O trigo mouroNome vulgar preferido en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991 ou trigo negroNome vulgar en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991 (Fagopyrum esculentum) é unha planta anual herbácea da familia das Polygonaceas cultivada polos seus grans para o consumo humano e animal. Considérase popularmente un cereal, aínda que realmente non o sexa; xa que, malia posuír características semellantes, non pertence á familia das gramíneas senón ás poligonáceas. É orixinario da Asia Central. Aínda que se cultivou tamén tradicionalmente en moitos países, hoxe en día os principais países produtores son tamén os maiores consumidores. China produce o 55% do total mundial, seguido por Rusia (20%), Ucraína (15%) e Polonia (3%).
miniatura|Inflorescencias, detalle. miniatura|Leira de trigo negro en Corea. miniatura|Ilustración miniatura|Detalle da flor Descrición Planta herbácea anual de talo ergueito articulado e oco, de 20 a 70 cm de alto, con follas saxitadas máis ben brandas. As follas superiores son abrazadoras ou sésiles mentres que as inferiores teñen un pecíolo bastante longo. As flores son de cor branca ou rosa, pequenas e agrupadas en inflorescencias terminais. Cada flor posúe oito estames e tres pistilos. Os froitos son aquenios de tres arestas, conteñen unha soa semente e madurecen de xeito gradual, o que dificulta a súa recolección.
Distribución Planta orixinaria do nordés de Asia (Siberia, Manchuria) que grazas á agricultura se fixo común en toda Europa no século XVI.
Antigamente era moi cultivada nas rexións de solos pobres e acedos, en Francia (principalmente na Bretaña), Europa central, Rusia e América do Norte. O seu cultivo tende a desaparecer na actualidade por mor das dificultades para mecanizar a súa colleita. En Cataluña é cultivo tradicional e actual na comarca xerundense da Garrotxa onde existe un microclima de verán chuvioso, e se cultivan as variedades de pota de gall (pata de galo) e arracada (brinco, pendente).
O trigo mouro na gastronomía
Para ser consumido, a casca exterior debe ser eliminada, un proceso que esixe equipamento propio de moenda, debido á súa forma pouco habitual.
Na cociña polonesa, rusa e xudaica, o trigo mouro úsase para facer unha papa, chamada kacha, ou kache. Na cociña ucraína o trigo mouro chámase hretchka e úsase moito no día a día e tamén para confeccionar un dos pratos do menú de Nadal: a kutia. Na cociña bretoa a fariña do trigo mouro ou sarraceno forma parte da masa das filloas. Na cociña xaponesa, o trigo mouro chámase sobá e consómese moito no día a día polos xaponeses como un prato de macarróns mergullados en caldo quente a base de shoyu, coma unha sopa, completada con varios ingredientes desde algas a tempura, ou con caldo á parte, normalmente xeado (consumido moito no verán).
Trigo mouro na saúde Considérase enerxizante e nutritivo, presenta altas cantidades de farelo, dispoñíbel quer nas variedades completas que nas integrais, sendo as variedade integrais máis nutritivas. Xa que o trigo sarraceno non contén glute, é apto nas dietas celíacas. Presenta máis proteínas que o arroz, o trigo ou o millo, fonte de proteínas e de ferro.
É tamén fonte de manganeso, magnesio (mineral que axuda a baixar a presión dos vasos sanguíneos) e fibras dietéticas. Unha soa cunca de trigo mouro contén cerca de 86 miligramos de magnesio. Os seus efectos benéficos tamén están ligados á presenza de flavonoides, salientando a rutina (Vitamina P) e a quercetina. Estes preveñen doenzas, coa súa acción antioxidante. As súas proteínas son de alto valor biolóxico, pois conteñen todos os aminoácidos esenciais, incluíndo a lisina. Pescudas afirman que unha alimentación rica en grans integrais, como o trigo sarraceno, prevén doenzas cardiovasculares, incluíndo a aterosclerose, diabetes e obesidade, entre outras, por mor do seu teor de fibras e outros compostos, como graxas poliinsaturadas.
Os Yi, un dos pobos da China, consomen cerca de 100g diarios de trigo mouro; unha investigación demostrou que os que na súa dieta alimentaria utilizaban trigo mouro, conseguiron diminuír os niveis do colesterol LDL e aumentar os do HDL.
Outro estudo, efectuado en 35 972 persoas, no Reino Unido, mostrou que nas mulleres no período de premenopausa que incluían na súa dieta a inxesta de cereais integrais —como o trigo sarraceno— e froita, o risco de cancro de mama diminuía significativamente.E Cade, Burley VJ, et al. International Journal of Epidemiology
Taxonomía Fagopyrum esculentum foi descrito por Conrad Moench e publicado en Methodus Plantas Horti Botanici et Agri Marburgensis: a staminum situ describendi 290. 1794. Sinonimia Fagopyrum cereale Raf. Fagopyrum dryandrii Fenzl Fagopyrum emarginatum (Roth) Meisn. Fagopyrum emarginatum var. kunawarense Meisn. Fagopyrum esculentum subsp. ancestralis Ohnishi Fagopyrum fagopyrum (L.) H.Karst. nom. invalid. Fagopyrum polygonum Macloskie nom. illeg. Fagopyrum sagittatum Gilib. nom. inval. Fagopyrum sarracenicum Dumort. Fagopyrum vulgare T.Nees Fagopyrum vulgare Hill ex Druce nom. inval. Fagopyrum vulgare Delarbre nom. illeg. Polygonum fagopyrum L. Polygonum cereale Salisb. nom. illeg. Polygonum emarginatum (Roth) Sinónimos en Tela Botánica
Nome común Galego: alforfón, trigo negroNomenclatura vernácula da flora vascular galega, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991, trigo mouriscoNome vulgar dados pola RAG e por Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo, trigo mouroVV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega, trigo sarracenoReal Academia Galega (1913-1928): Diccionario gallego-castellano A palabra galega alforfón deriva do termo alforfa (Medicago sativa), unha planta forraxeira. Do galego pasou ao castelán, onde se denomina alforfón ao trigo mouro.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique. CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City. Flora of China Editorial Committee. 2003. Flora of China (Ulmaceae through Basellaceae). 5: 1–506. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. Flora of North America Editorial Committee, e. 2005. Magnoliophyta: Caryophyllidae, part 2. Fl. N. Amer. 5: i–xxii + 1–656. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi. Ligazóns externas Fagopyrum esculentum en The Taxonomicon, Universal Taxonomic Services, 2004-2012
Categoría:Fagopyrum Categoría:Plantas medicinais Categoría:Cultivos Categoría:Plantas forraxeiras Categoría:Plantas descritas en 1794