O reo,reo2 no dicionario da RAG.Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000), p. 61. Salmo trutta truta, é un peixe anádromo da familia dos salmónidos; trátase dunha das formas de Salmo trutta, ou subespecie, segundo os autores.Salmo trutta trutta Linnaeus, 1758 no WoRMS.

Considérase que é a forma raíz da especie Salmo trutta.

Ademais de como reo, esta forma ou subespecie coñécese co nome de troita maresa.Salmo trutta trutta. Reo en Ríos Galegos.

Algúns chamárona tamén troita asalmoada, debido á súa forma de vida semellante á do salmón, porén hoxe en día este termo refírese a unha forma cultivada da troita arco da vella (Oncorhynchus mykiss).

A súa característica máis rechamante é o seu corpo alargado, con forma de torpedo. Os flancos son de cor gris prateada ou gris verdosa; o ventre é branco.

Ao igual que todos os salmónidos ten unha aleta adiposa no lombo.

Aliméntase principalmente de pequenos peixes e invertebrados.

Taxonomía A subespecie foi descrita por primeira vez en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.

Ao longo do tempo foi coñecida por numerosísimos sinónimos:

Fario argenteus Valenciennes, 1848 Fario trutta (Linnaeus, 1758) Salar ausonii Valenciennes, 1848 Salar ausonii parcepunctata Heckel & Kner, 1858 Salar ausonii semipunctata Heckel & Kner, 1858 Salar ausonii var. parcepunctata Heckel & Kner, 1858 Salar ausonii var. semipunctata Heckel & Kner, 1858 Salar bailloni Valenciennes, 1848 Salar gaimardi Valenciennes, 1848 Salar spectabilis Valenciennes, 1848 Salmo albus Bonnaterre, 1788 Salmo albus Walbaum, 1792 Salmo brachypoma Günther, 1866 Salmo caecifer Parnell, 1838 Salmo cambricus Donovan, 1806 Salmo cornubiensis Walbaum, 1792 Salmo cumberland Lacepède, 1803 Salmo eriox Linnaeus, 1758 Salmo estuarius Knox, 1855 Salmo fario loensis Walbaum, 1792 Salmo fario major Walecki, 1863 Salmo fario var. forestensis Bloch & Schneider, 1801 Salmo faris forestensis Bloch, 1801 Salmo gadoides Lacepède, 1803 Salmo gallivensis Günther, 1866 Salmo islayensis Thomson, 1873 Salmo lacustris rhenana Fatio, 1890 Salmo lacustris romanovi Kawraisky, 1896 Salmo lacustris septentrionalis Fatio, 1890 Salmo levenensis Yarrell, 1839 Salmo mistops Günther, 1866 Salmo montana Walker, 1812 Salmo orcadensis Günther, 1866 Salmo orientalis McClelland, 1842 Salmo phinoc Shaw, 1804 Salmo polyosteus Günther, 1866 Salmo saxatilis Schrank, 1798 Salmo spurius Pallas, 1814 Salmo stroemii Gmelin, 1789 Salmo sylvaticus Gmelin, 1789 Salmo taurinus Walker, 1812 Salmo trutta Linnaeus, 1758 Salmo trutta ciscaucasicus Dorofeyeva, 1967 Trutta fluviatilis Duhamel, 1771 Trutta marina Duhamel, 1771 Trutta marina Moreau, 1881 Trutta salmanata Strøm, 1784 Trutta salmonata Rutty, 1772 Trutta trutta (Linnaeus, 1758)

E aínda hoxe está en discusión a taxonomía da especie Salmo trutta.

Salmón, reo, troita Bioloxicamente a troita común ou de río e o reo forman parte dunha mesma especie, Salmo trutta: son formas ecolóxicas ou morfotipos da mesma especie, pero o reo presenta comportamentos que se asemellan máis aos do salmón (Salmo salar). O reo desova nos ríos para despois volver ao mar a buscar o alimento, como fai o salmón. Porén, o reo á capaz de alimentarse tamén en auga doce (algo que non fai o salmón). Ademais, a súa migración ao mar é menos intensa que a do salmón, xa que o reo non adoita afastarse moito dos ríos, sendo habitual nas zonas máis costeiras. Por outro lado, a súa aparencia física é moi similar á da troita, polo que en ocasións resulta moi complicado diferenciar entre ambos os peixes, sobre todo se os exemplares foron capturados no mesmo río (de feito, en estudos realizados en Galicia comprobouse a existencia de maiores diferenzas xenéticas entre reos de distintos ríos que entre troitas e reos dun mesmo río).

Se o reo acaba de chegar ao río presenta unha coloración prateada que o diferenza, pero se leva xa en auga doce certo tempo, esta coloración prateada vai desaparecendo, facéndose cada vez máis semellante á da troita, e facendo a súa distinción moi complicada (de feito existen exemplares nos que resulta practicamente imposible saber se se trata dun reo ou dunha troita).

Características miniatura|250px|Debuxo de dous excemplares de reo.

O reo caracterízase polo seu corpo alongado, en forma de torpedo, e coa aleta dorsal erecta. A cabeza é máis pequena, comparativamente) que á da troita.

A súa coloración máis común é, no dorso e nos flancos, gris prateada ou gris verdosa, con abundantes pequenas manchas negras, non bordeadas de aréolas abrancazadas (nin con manchas vermellas, sobre todo cando entra nos ríos) como a troita de río; o ventre é abrancazado. Sobre o dorso presenta unha banda estreita (como unha raia) de cor escura.

A aleta caudal é pouco escotada. miniatura|250px|Os reos son máis grandes que as troitas.

Normalmente os reos son máis grandes que as troitas. O seu tamaño medio é de 60 cm de lonxitude, pero en condicións de vida favorábeis pode chegar até os 130 cm, e pesar até os 20 kg. Aos 6 ou 7 anos pode alcanzar pesos de entre 3 a 4 kg; estes exemplares son os que se pescan normalmente e, sen dúbida, son os de máis calidade.

Ao igual que todos os salmónidos, o reo ten unha aleta adiposa situada entre a aleta dorsal e a caudal.

Os reos teñen os dentes como os da troita, é dicir, no maxilar, nos premaxilares, na lingua e no vómer, pero os do vómer son distintos que os da troita. Neste óso leva tres dentes transversais e un lonxitudinal, mentres que a troita común leva unha fileira de tres dentes transversais e dúas fileiras de dentes lonxitudinais.

Algúns trazos que poden servir para diferenciar o reo da troita son os seguintes: Aleta anal: nas troitas, o bordo é escuro (case negro), mentres que nos reos é moito máis claro. Aleta caudal: a das troitas é moi escotada, con perfil e “V”, mentres que nos reos é recta oui case recta. A cabeza: a do reo adoita ser máis pequena, proporcionalmente, que a da troita. O reo, cando se colle na man, desprende unha gran cantidade de escamas, mentres que a troita non as desprende tanto. As manchas do reo adoitan seren algo máis escuras que as da troita (que ademais teñen unha coloración un pouco máis rosada). Pero para o pescador, a forma máis fiábel de diferenciación, é a loita que se produce cando a peza pica no anzol: se é encarnizada, defendéndose até a extenuación, tratarase sen dúbida dun reo; a troia tamén presenta batalla, pero nunca tan feroz como a do seu parente.

Distribución, hábitat e bioloxía

O reo distribúese nas costas do Atlántico nororiental, nos mares do Norte, Branco e Báltico, chegando polo norte desde a baía de Chosha (no mar de Barents en Rusia) até as rías galegas (España), polo sur, encontrándose tamén en Islandia, Escandinavia e nas desembocaduras dos ríos máis setentrionais da Gran Bretaña. Así mesmo habita no Mediterráneo até os mares Negro e Caspio, remontando os ríos Danubio e Volga.

É unha especie moi adaptábel e ecoloxicamente plástica, que se pode encontrar tanto en augas superficiais como en profundas, e de baixa salinidade. Habita no mar, preto da costa, e sobe polos ríos para desovar, cousa que fai no verán, sobre todo en agosto. Polos ríos sobe até onde pode subir, é dicir, até os encoros. A diferenza do salmón, que xeralmente non come nos ríos, onde unicamente vai desovar, o reo aliméntase tanto no mar como nos ríos. Outra diferenza entre estas especies é que o salmón normalmente non volve ao mar despois da desova (ás veces si volve, pero desde logo non vive como o reo na costa preto do río, senón que volve cruzar o Atlántico), mentres que o reo si volve unha e outra vez aos ríos.

A partir de outubro, e até xaneiro, as femias poñen entre 1.000 e 2.000 ovos, dependendo do peso. A desova faise en pequenos ocos na grava do fondo. Os ovos son de cor amarela-alaranxada. Ao chegar a primavera, despois de 70 a 120 días da desova, os ovos eclosionan. As crías pasan entre un e cinco anos no río. miniatura|250px|Osmorregulación no reo.

Os reos xuvenís, chamados zancados, permanecen sempre ocultos en lugares profundos, pozas, entre pedras, raíces, ou árbores caídas. Despois da súa primeira estancia no río baixan para o mar, e regresan despois de dous ou tres anos ao río para desovar. Antes de ir para o mar prodúcese o chamado esguinado, que é un cambio fisiolóxico que se produce para soportar o cambio osmótico que representa o cambio do medio fluvial ao medio mariño. Este esguinado tamén se chama esmoltificación.

Aliméntase principalmente de pequenos peixes (incluídos outros reos e troitas), anfibios e as súas larvas (como os cágados), insectos e as súas larvas (efemerópteros, dípteros e tricópteros) crustáceos e outros invertebrados. No mar come crustáceos, luras e outros cefalópodos e toda clase de invertebrados.

Pode chegar a vivir até os vinte anos, pero o normal é que viva entre 8 e 10 anos.

Estado de conservación Segundo a UICN o estado de conservación desta subespecie en estado silvestre é de LC (preocupación menor). Porén, moitas das súas poboacións declinaron considerabelmente debido á contaminación.Salmo trutta na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2014.2 Consultada o 30 de agosto de 2014.

En Galicia Galicia é a comunidade española na que existe unha maior presenza deste peixe, é a "terra dos reos" por excelencia.El reo, ¿salmón o trucha? a-alvarez.com. Pódese pescar nos ríos Miño, Tambre, Sor, Eume, Mandeo e outros, sempre preto das desembocaduras.

Pesca Os individuos xuvenís, que aínda non baixaron ao mar (chamados zancados polos pescadores), a pesar de que en determinados momentos poden ser moi numerosos, carecen de valor para o pescador deportivo, xa que non presentan resistencia ningunha cando son capturados (e, ademais, a súa carne carece practicamente de valor gastronómico). É no regreso destes exemplares ao río (entre un e dous anos despois de viviren no mar), cando se converten nun auténtico reto para o pescador.

O reo péscase sobre todo con dúas modalidades: con mosca e con risco. O risco é un cebo ou carnada artificial especialmente pensado para a pesca do reo. Foi desenvolvido polos pescadores galegos, país que, cono quedou dito, é a terra dos reos por excelencia. Inventouse hai xa anos, aínda que nos nosos días poden encontrarse riscos en case calquera tenda especializada en pesca en toda España, xa que resultou igualmente eficaz para a pesca do black-bass (Micropterus salmoides).O black-bass ou perca americana é un peixe da orde dos perciformes e familia dos centrárquidos orixinario de Norteamérica e que, a partir do século XX, foi introducida en España e noutras partes do mundo, onde se considera invasora.

O risco consiste esencialmente nun corpo de plástico atravesado por unhas fibras ríxidas e armado cun anzol triplo. A súa eficacia está máis que demostrada, aínda que moitos opinan que se debe máis á forma de utilizalo que ao propio engado. Así, a pesca con risco é toda unha arte na que o pescador deberá saber lanzar correctamente e, o que é máis importante, recoller o cebo de tal maneira que faga traballar as súas fibras a través das correntes.

Grastronomía Pouco é o que nos di Álvaro Cunqueiro do reo. Despois de falarmos do salmón, conta que:

Entre os moitos que prefiren o reo ao salmón está o discípulo de Cunqueiro, Jorge-Víctor Sueiro, de quen seu mestre deixou dito «que botara sobre os seus ombros a tarefa, nada fácil, de explicarnos como se come en Galicia». Sobre o noso peixe Sueiro declara:

Pero non di nada novo, xa que, despois, di que «copiarei a Cunqueiro que, como en calquera outra ocasión, ten as mellores palabras para alabalo», limitándose a transcribir o comentario antes citado.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bernatchez, L. (2001): "The evolutionary history of brown trout (Salmo trutta L.) inferred from phyleogeografic, nested clade, and mismatich analyses of mitochondrial DNA variation". Evolution 55: 351-379.