Ezio Flavio Bazzo, nado no estado de Santa Catarina o 8 de decembro de 1949, é un psicólogo e xornalista brasileiro. A súa obra xira en torno á contracultura occidental.

Traxectoria Naceu no seo dunha familia de comerciantes italianos. Iniciou os estudos de socioloxía na cidade de Londrina (PR) transferíndose cedo para o curso de psicoloxía. Cursou mestrado en psicoloxía clínica na Universidade Nacional Autonoma de México, e doutoramento na Universidade Nacional de Barcelona, cunha tese sobre Wilhelm Reich. Logo sacou un posdoutorado no Instituto de Altos Estudos da América Latina, en París.

Porén a pesar da súa longa vida de estudante, Bazzo considera o estudo formal unha fraude que vai deixar limitacións e cicatrices profundas na capacidade de pensar dos estudantes e dos futuros "doutores".

Pai de dous fillos, nunca deixou de facer críticas radicais tanto ao matrimonio como á familia, que seguindo as doutrinas de Freud afirma ser o berce de moitas psicopatoloxías. Nos últimos vinte anos Ezio Flavio Bazzo adicou por igual a viaxar, escribir seus libros e traballar de psicólogo no hospital universitario de Brasilia DF.

Obra 193 fragmentos de Cioran A Lábia Encantadora de João do Rio A Lógica dos Devassos Arqueologia de nuestra verguenza' A arte de cuspir As sutilezas do mau caratismo Assim falou Vargas Vila Barbeiros, espelhos e navalhaços Blasfematório Dymphne: A santa protetora dos loucos Ecce Bestia - Libertinagem com Animais Entre os gritos do Carcará e a Desfaçatez da Raça Humana Guilhotinas e Toilletes Lênin nos subterrâneos do Conic Maldições, Prazeres e Verdades Manifesto aberto à estupidez humana Máscaras e disfarces Mendigos - párias ou heróis da cultura? Necrocídio Os sapateiros da corte Para antes que a gente vire pó Prostitutas, bruxas e donas de casa Rapsodia a Samuel Rawet Vagabundo na China''

Véxase tamén Ligazóns externas MuRRo das Lamentações blog persoal.

Notas

Categoría:Nados no estado de Santa Catarina Categoría:Nados en 1949 Categoría:Escritores do Brasil Categoría:Escritores en lingua portuguesa