Adiante foi un periódico editado en Buenos Aires entre 1954 e 1956.
Historia e características
Subtitulado Voceiro das Mocedades Galeguistas, apareceu en 1954. Estaba dirixido por Denís Conles Tizado, os redactores eran Adelina González Doval e Carlos Abraira, e contaba coas colaboracións de Antón Santamarina Delgado, Xosé Neira Vilas, Ramón de Valenzuela, Eloísa Ares, Bieito Cupeiro, Antón Moreda, Ramón Suárez Picallo e Avelino Díaz. Publicación editada polas Mocedades Galeguistas, na que se informa das súas actividades, con contidos políticos de orientación nacionalista e republicana e crítica coa situación política e económica de Galicia. Editada integramente en lingua galega. En outono de 1956 apareceu o número 5 (o último coñecido) cun novo formato e paxinación despois dunha paréntese dun ano.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Adiante (Celanova) Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Xornais de Buenos Aires Categoría:Prensa escrita en lingua galega Categoría:Xornais desaparecidos