Santo Estevo de Medín é unha parroquia que se localiza no norte do concello do Pino. Segundo o IGE en 2013 tiña 214 habitantes (110 homes e 104 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 315 habitantes.
Como parroquia eclesiástica, Santo Estevo de Medín pertence ao arciprestado de Ferreiros, aínda que, ata a reordenación decretada polo arcebispo Julián Barrio en decembro de 2009, pertenceu ao desaparecido arciprestado de Benvexo. Historicamente, a liñaxe dos Rey posuían o padroado da parroquia de Medín, é dicir, tiñan dereito de nomeamento do cura da devandita igrexa, que é o motivo polo que tantos destes curas foron membros da familia.
Nesta parroquia existiron dous pazos, moi próximos entre si, o de Medín, que foi couto secular con xurisdición ordinaria, e o de Portouteiro.
Lugares e parroquias Lugares de Medín
Parroquias do Pino
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares do Pino
Categoría:Parroquias do Pino Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo