China Eastern Airlines Corporation Limited (chinés simplificado: 中国东方航空公司; chinés tradicional: 中國東方航空公司, coloquialmente coñecida como 东航/東航) é unha aeroliña baseada no China Eastern Airlines Building, nos sotos do aeroporto Internacional Hongqiao en Shanghai, China. É unha gran aeroliña chinesa que opera voos internacionais, domésticos e rexionais. Os seus principais centros de operacións son o aeroporto Internacional Pudong e o aeroporto Internacional Hongqiao, ámbolos dous en Shanghai, e ten centros secundarios no aeroporto Internacional de Kunming Changshui e no aeroporto Internacional Xianyang. China Eastern Airlines é a segunda aeroliña chinesa en número de pasaxeiros. A compañía e a súa subsidiaria Shanghai Airlines convertéronse no 14º membro da alianza SkyTeam o 21 de xuño de 2011. No ano 2012 China Eastern Airlines transportou 73,08 millóns de pasaxeiros cunha media de ocupación do 73%.

Frota + Frota de China Eastern Airlines Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas P J Y TotalAirbus A319-10027–—8114122Airbus A320-20014486—8150158Operador máis grande do A320. Entregas ata 2017.Airbus A321-20037——20157177Airbus A330-200237—24240264Airbus A330-30013——38260298Airbus A340-6005—842272322Serán retirados cara 2015.Boeing 737-30016——8120128Serán substituídos por A320 e 737 NGBoeing 737-70048——8126134Boeing 737-8003733—8162170 Boeing 777-300ER—20652258316Substituíndo aos A340-600, serán entregados en setembro de 2014.COMAC C919—20-Embraer ERJ 14510———5050Total373150

Notas

Categoría:Aeroliñas da China Categoría:SkyTeam