Juan Luís Ramos Pérez-Colemán, coñecido como Xohán Luís Ramos Colemán, nado en Ourense e finado o 4 de febreiro de 1999Necrolóxica en ABC, foi un notario e político galeguista.

Traxectoria miniatura|300px|1933, Ourense. Banquete galeguista homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña. Na foto, entre outros: Risco, Ramiro Isla, Leuter González, Cunqueiro, Otero Pedrayo, María Luz Morales, Blanco Amor, Xoán L. Ramos Colemán e Manuel Peña Rei. Fillo de Juan Ramos Cerviño e María Pérez Colemán, sobriño de Jaime Pérez Colemán e irmán de Anxelo Ramos Colemán. Codirixiu con Manuel Luís Acuña a páxina cultural "Viernes Literarios" de La Región. Militante do Partido Galeguista dende a súa Asemblea fundacional en decembro de 1931, foi membro fundador da Federación de Mocedades Galeguistas, da que foi secretario de Propaganda. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1934. Na Guerra Civil foi tenente de infantaría. Foi notario en Ocaña (1950), Ponferrada (1963) e Xixón (1968-1976).

Vida persoal Casou con Laura Villanueva Guitián.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas As cartas de Luís Seoane que mencionan a Xohán Luís Ramos Colemán CCG. Ramos Colemán na mediateca do Consello da Cultura Galega

Categoría:Notarios Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Finados en 1999 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en ano descoñecido