Rhodobacter sphaeroides é unha especie de bacteria púrpura, que obtén enerxía por medio da fotosíntese, e foi illada de lagos profundos e augas estancadas. . As mellores condicións para o seu crecemento son as que lle permiten realizar a fototrofia anaeróbica (fotohererótrofa e fotoautótrofa) se hai luz, e a quimioheterotrofia aeróbica en ausencia de luz. R. sphaeroides tamén pode fixar o nitróxeno. É notablemente diversa metabolicamente, xa que pode crecer como heterótrofa por medio de fermentacións e da respiración celular aeróbica e anaeróbica.
R. sphaeroides é un dos organismos máis importantes no estudo da fotosíntese bacteriana. Non require condicións moi infrecuentes para o seu cultivo e é incriblemente eficiente na súa fotosíntese. A regulación da súa maquinaria fotosintética é de grande interese para os investigadores, xa que R. sphaeroides ten un intricado sistema para percibir as concentracións de O2. Ademais, cando se expón a unha diminución da presión parcial de O2, R. sphaeroides forma invaxinacións na súa membrana plasmática. O aparato fotosintético está albergado nesas invaxinacións, as cales se chaman cromatóforos.
O xenoma de R. sphaeroides é tamén bastante intrigante. Ten dous cromosomas, un de 3 Mb (chamado CI) e outro de 900 Kb (CII), e na natureza presenta cinco plásmidos. Moitos xenes están duplicados entre os dous cromosomas pero parecen estar regulados diferencialmente. Ademais, moitos dos marcos de lectura abertos (ORFs) en CII parecen codificar proteínas de función descoñecida. Cando se alteran algúns xenes de función descoñecida en CII, orixínanse diversos tipos de auxotrofia, o que indica que CII non é simplemente unha versión truncada de CI.Mackenzie, C. et al. Multiple Chromosome in Bacteria: The Yin and Yang of trp Gene Localization in Rhodobacter sphaeroides 2.4.1. Genetics 1999 October; 153(2): 525-538
Nome aceptado Rhodobacter sphaeroides (van Niel 1944) Imhoff et al., 1984
Sinónimos Rhodococcus minor Molisch 1907 Rhodococcus capsulatus Molisch 1907 Rhodosphaera capsulata (Molisch) Buchanan 1918 Rhodosphaera minor (Molisch) Bergey et al. 1923 Rhodorhagus minor (Molisch) Bergey et al. 1925 Rhodorhagus capsulatus (Molisch) Bergey et al. 1925 Rhodorrhagus capsulatus Bergey et al. 1939 Rhodopseudomonas sphaeroides van Niel 1944 Rhodopseudomonas spheroides van Niel 1944 Rhodorrhagus spheroides (van Niel) Brisou 1955
Notas
Véxase tamén Bibliografía Inomata Tsuyako, Higuchi Masataka (1976), Incorporation of tritium into cell materials of Rhodopseudomonas spheroides from tritiated water in the medium under aerobic conditions ; Journal of Biochemistry 80(3), p569-578, 1976-09
Outros artigos Fotofermentación
Ligazóns externas Vídeo de R. sphaeroides
Categoría:Rhodobacterales Categoría:Bacterias fototróficas