Ultraviolet é un filme estadounidense escrito e dirixido por Kurt Wimmer e producido por Screen Gems que se estreou no 2006. Está protagonizado por Milla Jovovich, que interpreta a Violet Song, e por Cameron Bright no papel de Six.
Sinopse A finais do século XXI, xorde unha subcultura de seres humanos cunha mutación xenética: están dotados dunha abraiante velocidade, unha incrible resistencia e unha grande intelixencia. A medida que hai máis persoas contagiadas, o temor do goberno medra e os mutantes son tratados coma marxinados. O goberno tomou a determinación de acabar con eles, mais unha muller está decidida a impedilo: a fermosa e letal Violet (Milla Jovovich).
Personaxes Milla Jovovich como Violet Song Jat Shariff Ida Martin como Violet de nena Cameron Bright como Six Nick Chinlund como Vice-Cardeal Ferdinand Daxus Steven Calcote como Daxus de neno William Fichtner como Garth Scott Piper como Asistente de Garth Sebastien Andrieu como Nerva Christopher Garner como Luthor Ricardo Mamood-Vega como Song Jat Shariff Jennifer Caputo como Elizabeth P. Watkins Duc Luu como Kar Waia Kieran O'Rorke como Detective Cross Ryan Martin como Detective Breeder Digger Mesch como Detective Endera Kurt Wimmer como Hemophage
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Kurt Wimmer Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Screen Gems Categoría:Filmes rodados en Hong Kong Categoría:Filmes rodados en Shanghai Categoría:Filmes distópicos Categoría:Filmes de vampiros Categoría:Filmes ambientados en 2078