miniatura|300px|PN = substantivo propio N = substantivo
V = verbo
NP = frase substantiva
RC = oración relativa
VP = frase verbal
S = sentenza "Buffalo buffalo Buffalo buffalo buffalo buffalo Buffalo buffalo" é unha frase, en inglés, gramaticalmente correcta e que se pon como exemplo de como palabras homónimas e homófonas poden ser utilizadas para crear construcións complicadas. Tradúcese: "Búfalos de Buffalo que son intimidados por búfalos de Buffalo intimidan búfalos de Buffalo".
Foi discutida en literatura dende 1972, cando foi usada por William J. Rapaport, profesor asociado da Universidade de Buffalo.Rapaport, William J. 22 de setembro de 2006. "A History of the Sentence "Buffalo buffalo buffalo buffalo buffalo."". Acceso o 17 de agosto de 2006.
A correcta comprensión da frase é posible coñecendo os tres significados da palabra Buffalo: A cidade de Buffalo, no estado de Nova York, EUA. O animal bisonte. Un sinonimo para o verbo "bully", isto é, atormentar persistentemente a outra persoa.
Así, a frase traducida convértese en: "Bisontes de Buffalo que (outros) bisontes de Buffalo atormentan (á súa vez tamén) a bisontes de Buffalo".
Notas
Véxase tamén Outros artigos James while John had had had had had had had had had had a better effect on the teacher Neko no ko koneko, shishi no ko kojishi
Categoría:Lingüística