José Manuel de Bernardo Ares, nado en Pontedeume o 11 de decembro de 1945, é un historiador galego.

Traxectoria Naceu no seo dunha familia labrega con escasos recursos económicos para pagarlle os estudos, mais unha tía súa empeñouse en que estudara coa axuda de toda a familia. Cursou o bacharelato en Santiago de Compostela, onde continuou para iniciar os seus estudos superiores na Universidade de Santiago de Compostela. Logo de pasar pola Universidade de Salamanca, obtén os títulos de licenciado e doutor en Historia na Universidade de Valencia, con "Premio Extraordinario".

Desde 1975 é profesor da Universidade de Córdoba, na que gañou en 1991 a cátedra de Historia Moderna e dirixiu o Departamento de Historia Moderna, Contemporánea e de América, e o "Grupo de Investigación HISALEM" (Historia Social da Administración Local na Época Moderna). Foi profesor visitante nas universidades de Berkeley e de East Anglia en Inglaterra.

Dirixe a colección "Estudios de Historia Moderna" e é “Honorary Research Fellow" do University College da Universidade de Londres. Co gallo da celebración da conferencia internacional "Hacia un Nuevo Humanismo", o 24 de xuño de 1998, o rei Xoán Carlos I outorgoulle a Encomenda da Orde do Mérito Civil, refrendada polo Ministerio de Asuntos Exteriores, como recoñecemento polos servizos prestados á comunidade científica.

A "Asociación Arte, Arqueología e Historia" de Córdoba concedeulle no ano 2000 o "Premio Juan Bernier" de Arte, Arqueoloxía e Historia, no seu apartado de Historia.

Liñas de investigación Historia Social da Administración Local. O municipio da Coroa de Castela na Época Moderna. Socioloxía das elites na Europa Moderna. O Imperio Hispánico entre as Paces de Lisboa (1668) e Utrecht (1713). América do Norte e Europa na segunda metade do XVII. A historia como ciencia. A metodoloxía científica nas Ciencias Históricas. A historiografía hispanista sobre a Época Moderna.

Publicacións destacadas

Libros

Capítulos en libros colectivos

Artigos

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

de Bernardo Ares, José Manuel de Bernardo Ares, José Manuel de Bernardo Ares, José Manuel Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes