San Tirso de Cospindo é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o INE en 2018 tiña 679 habitantes (342 homes e 337 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 738 habitantes.
Historia Nesta parroquia foi bautizado o 10 de febreiro de 1835 Eduardo Pondal.
No lateral esquerdo da igrexa de San Tirso de Cospindo existe un sarcófago de pedra onde eran enterrados os curas da parroquia sendo o derradeiro Jesús Villar Sangenis, en 1918.
Lugares e parroquias Lugares de Cospindo
Parroquias de Ponteceso
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Ponteceso
Categoría:Parroquias de Ponteceso Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Tirso