La Billarda foi un semanario editado en Ourense entre 1920 e 1921.
Historia e características Subtitulado Ex-semanario festivo, apareceu o 5 de setembro de 1920. Publicación sarírico-humorística, contiña artigos en prosa, versos e caricaturas de carácter festivo. Dirixido por Ceferino Valencia Nóvoa, entre os seus colaboradores literarios figuraron Xavier Prado Lameiro, Arturo Noguerol Buján, Sueiro e José Fernández Gallego. Das ilustracións encargábanse A. R. Veiras, Julio Prieto Nespereira e Pedro García del Villar. A maioría dos artigos estaban asinados con pseudónimos (Purita Bolcheviki, Calvelito Chico, Cadelo, Achecé, El Duende Rojo). Só apareceron en galego algúns poemas de Vicente Risco e un artigo de A. Losada. Desapareceu despois de varios números, volvendo reaparecer o 15 de febreiro de 1921. Cesou definitivamente en 1921.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense
Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:1920 en Galicia