Valentín de Nóvoa, nado en Ourense en 1823 e finado na mesma cidade o 29 de outubro de 1895El Correo de España, 8-12-1895, p. 19. foi un avogado, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Escritor católico e carlista. Foi desterrado de Ourense durante a guerra carlista. Colaborou en La Regeneración e El Pensamiento Español onde adquiriu fama de polemista. Tamén colaborou en La Esperanza, El Correo Español, La Fe e Revista de Galicia. Fundou e dirixiu La Voz del País (1869) e La Lealtad (1892-1895). Publicou o folleto El Divorcio (1884). En galego escribiu "Resposta oa "Rechamo", provocada polo poema de Pintos.

Vida persoal Casou con Amalia Requejo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1823 Categoría:Finados en 1895