A Universidade Laboral “Crucero Baleares”, de Culleredo, foi un dos 21 grandes centros educativos que, coa denominación de Universidade LaboralZafrilla Tobarra, Ricardo: Universidades Laborales: un proyecto educativo falangista para el mundo obrero (1955-1978). Ediciones Universidad de Castilla-La Mancha, colección tesis doctorales nº 73, ISBN 84-89958-32-7, edificou o Ministerio de Traballo de España e que estaban sostidos polos mutualismos laborais. Inaugurada en 1964, foi o sexto destes grandes centros e o primeiro adicado ás profesións marítimo-pesqueiras, dentro do I Plan de Desenvolvemento Económico e Social. En 1981 converteuse en Centro de Ensinanzas Integradas.
Do proxecto á inauguración
Orixe e localización As universidades laborais xorden da necesidade de atender a demanda de formación de persoal laboral para a industria do momento. A finalidade destes centros é a de dotar o traballador dunha completa formación humana, técnica e profesional, que lle permita desenvolver eficazmente a súa actividade laboral.
Para a súa localización elixiuse o lugar de Acea da Ama (O Burgo, Culleredo), debido á proximidade coa cidade da Coruña e á boa comunicación cos concellos limítrofes.Boletón Oficial del Estado. Número 149. 28 de maio de 1956. Páxina 3.460.
Para a súa edificación foi precisa a adquisición de terreos, por compravenda voluntaria ou por trámite normal de expropiación, por seren insuficientes para o volume da obra que cumpría executar os terreos cedidos polos seus propietarios.
A Deputación da Coruña, o día 26 de xuño de 1957, fíxolle a doazón de 50 ha á Caja de Compensación y Reaseguro diante do notario Manuel Otero Peón (protocolo número 1.027). A superficie construída foi de 25.000 metros cadrados. Para a súa localización elixiuse a zona máis protexida do terreo dispoñible e reservouse espazo suficiente para un posible aumento das edificacións ante futuras demandas docentes. Parte deste soar, en Acea de Ama, era unha lameira (unha mina de caolín), nunha ladeira moi húmida e cunha suave pendente cara ao sur, e era aquí onde había que darlle acomodo a un complexo educativo, residencial, deportivo e de servizos.
Segundo recortes de prensa da época, outra parte deste terreo estaba considerado o mellor da parroquia de Vilaboa, xa que era onde os labregos producían o trigo que lle deu a fama ao pan de Vilaboa. Os propietarios cederon os seus terreos polo prezo de oito pesetas o metro cadrado. Algúns reclamaron e cobraron máis tarde a 12 pesetas/m².
Proxecto e construción O día 11 de agosto de 1960 fallouse o concurso de anteproxectos convocados para o seu deseño. O primeiro premio gañouno o proxecto presentado baixo o lema “El mar” e os autores eran os arquitectos Luis Laorga Gutiérrez e José López Zanón, coa colaboración do aparellador Manuel Otero. A eles encargóuselles a elaboración do proxecto definitivo.
A construción iniciouse en 1962 e foi realizada pola firma TERMAC, cun orzamento próximo aos sesenta millóns de pesetas. Prevíase unha capacidade de 300 alumnos internos e 500 externos.
A súa construción planificouse de acordo cos últimos avances e respectando a flexibilidade necesaria para facer posible a súa adaptación a futuros programas e esixencias pedagóxicas.
Construíronse edificios de planta baixa e de formas lixeiras, eludindo dentro do posible as escaleiras, coa finalidade de abaratar custos. Tamén se pensou na máxima concentración dos edificios para reducir os múltiples desprazamentos diarios. A cimentación utilizada foi de tipo flotante, debido ás características pantanosas do terreo.
A estrutura no seu conxunto foi concibida en expansión horizontal, con predominio de planta baixa, xogando cos volumes e caídas de vertentes pregadas á topografía, enlazando e comunicando uns edificios con outros por medio de galerías cubertas despegadas do chan. Destacan os grandes muros de pedra coroados por beirados cubertos de formigón, que producen volumes de gran potencia. O problema das humidades resolveuse efectuando unha impermeabilización continua en material asfáltico, separando o piso do chan mediante unha cámara de aire.
Inauguración Inaugurouna o 12 de setembro de 1964 o entón xefe do Estado Español, Francisco Franco. A denominación inicial de Universidad Laboral Crucero Baleares débese ao buque Baleares da Armada franquista afundido en 1936 durante a guerra civil española.
Instalacións Accédese ás instalacións mediante unha gran praza de 3.500 m², nun extremo da cal se atopa un mastro de navío con aparello de 38 m de altura, alegoría e símbolo da modalidade marítimo-pesqueira que se imparte no centro. É unha réplica do mastro do buque Baleares. Nas súas instalacións hai catro partes ben diferenciadas segundo as súas funcións:
Zona central Un gran vestíbulo dá acceso a un amplo salón de actos con patio de butacas e anfiteatro, cun volume de 5800 m³ e capacidade para 1200 persoas. O teito é de piñeiro rubio do Báltico, en forma de quilla de barco, que se prolonga polo amplo vestíbulo. Segundo varios expertos este salón de actos ten unha acústica especialmente boa. Tamén se encontran nesta zona central as oficinas e as dependencias do reitorado. Estas dependencias foron adaptadas ás necesidades de funcionamento do actual centro educativo.
Internado miniatura|esquerda|Entrada ao Colexio Atlántico
miniatura|Entrada ao Mare Nostrum O internado da Universidade Laboral ocupa gran parte do edificio; estaba dedicado só ao alumnado masculino. Nun principio constaba de tres colexios, independentes entre si pero comunicados por galerías cubertas, cuxos nomes eran Arzobispo Gelmírez, Méndez Núñez e Almirante Vierna, con cabida para 104 alumnos cada un, polo que a capacidade total deste centro era de 312 internos, 700 mediopensionistas e 300 externos. Cada edificio consta dunha planta baixa, distribuída en salas de xogos, de estudos, despachos etc., e dúas alturas onde se encontran os cuartos. Hai ademais outras zonas de servizos: comedor, cociñas, lavandería, enfermería, residencia de empregados e amplos patios para o esparexemento dos alumnos.
Nunha posterior ampliación cuadriplicouse a capacidade para acoller alumnos internos e cambiáronse os nomes dos colexios polos seguintes: "Atlántico", "Gran Sol", "Cantábrico" e " "Mare Nostrum". Estes nomes aínda se conservan na actualidade. Tamén se mantén a estrutura dos edificios tal e como foi proxectada, aínda que no seu interior se fixeron reformas para adaptar estas instalacións ás necesidade actuais. Capela Está cuberta por unha trama reticular con barras de aceiro que forman pirámides, dende cuxos vértices se proxecta a iluminación eléctrica. Tamén posúe vidreiras policromadas. O altar é un monólito horizontal de catro metros cun crucifixo e unha imaxe da Virxe do Carme, enriba dunha proa de barco que sobresae do muro. Esta imaxe é unha talla do século XVII. Actualmente parte desta capela está reconvertida en biblioteca escolar.
Aulas e talleres
A terceira zona, dedicada toda ela ás ensinanzas, está composta de:
Aulas ordinarias e especiais, con capacidade para 50 alumnos cada unha, que dispoñen ademais de armarios, encerados e diverso material. Laboratorios de física, química, bioloxía e de cultivos. Varios talleres de máquinas-ferramenta (tornos, fresadoras, axuste, soldadura acetilénica e eléctrica, soldadura, naval, etc.). Este último conta cunha instalación propulsora dun barco de pesca composta por un motor principal de 225 CV, un grupo electróxeno de 59 CV, servizos de combustible, lubricación, auga doce e salgada, servizos xerais con bombas e tanques, liña de eixes con hélice de paso regulable, servomotor hidráulico e outros servizos.
Instalacións deportivas Este centro destaca polas súas instalacións deportivas e pola grande extensión de zonas verdes que o rodean. Dispón de campo de fútbol, pista de baloncesto, piscina cuberta e climatizada, polideportivo, ximnasio, pistas de atletismo, campo de rugby etc.
Unha gran parte dos terreos da antiga Universidade Laboral foron cedidos á Xunta de Galicia para a construción do Parque de Acea da Ama, xestionado por medio da Secretaría Xeral do Deporte.
Ampliación das instalacións
Primeira ampliación
Segundo a prensa da época, no primeiro trimestre de 1967 saen a concurso as obras de ampliación das instalacións da Universidade Laboral, e a pretensión das autoridades era que no mes de outono estivesen rematadas as obrasDiario La Noche. 2 de marzo de 1967.. miniatura|A enfermería na actualidade A ampliación adxudicouse á empresa Entrecanales y Tavora por un orzamento de 78.404.796,04 pesetasBoletín Oficial del Estado. 4 de abril de 1967..
Aconsecuencia directa desta reforma foi a ampliación da capacidade da zona de residencias, que pasará de acoller 312 alumnos a 1.200. Tamén se ampliaron os talleres, as aulas e os servizos xerais (cociña, lavandería, enfermería, instalación deportivas, etc.).
Esta nova construción non seguiu a mesma regra de todo o complexo xa existente.
Modernización
Coa adaptación á nova Lei de Educación de 1970, no curso 1971-1972 instáuranse os estudos de bacharelato, o que supuxo a necesidade de ampliar as instalacións especialmente no que se refire a laboratorios, aulas e zona residencial. Segundo prensa da época concédese un presuposto extraordinario de 15 millóns de pesetas para levar a cabo a devandita modernización.
Posteriormente, nos anos 90, fíxose outra remodelación de toda a residencia, por medio da cal se transformaron as habitacións e os baños, pasando de ter capacidade para catro ou seis alumnos e baños comúns, a ser dobres e co baño incorporado. miniatura|O hórreo da Laboral
Hórreo
O hórreo instalado nunha zona de parque do centro procede dunha doazón feita polo Concello de Culleredo en agradecemento á Universidade Laboral e ao Ministerio de Traballo pola cesión duns terreos para a construción dun colexio nacional de EXB. Este acto tivo lugar o 18 de agosto de 1973, presidido polo ministro de traballo Licinio de La Fuente.
Colexio de mediopensionistas: Mariñas A súa creación responde á necesidade de darlle solución á demanda do alumnado que asiste ás clases pero que non é interno.
No curso 1973-1974 constitúese a Unidad Formativa de Alumnos Mediopensionistas e tamén a Asociación de Pais de Alumnos Mediopensionistas. Esta unidade recibiu nos cursos seguintes o nome de Colexio Mariñas. A partir do curso 1975-1976 produciuse a incorporación do alumnado feminino nas aulas e, por tanto, tamén neste colexio.
O edificio consta de dúas plantas, dotado de aulas de estudos e servizos necesarios para atender a elevada demanda dos alumnos mediopensionistas. Os beneficiarios deste servizo reciben bolsas da Dirección Xeral de Promoción Social do Ministerio de Traballo, e son estudantes procedentes dos concellos limítrofes de Culleredo: Oleiros, Sada, Betanzos, Cambre, Carral, Arteixo, Cerceda etc.
Na actualidade segue conservando o mesmo nome, pero a utilidade cambiou e a partir de 1989, cando pasou a ser zona de docencia con aulas e talleres nas cales se imparten as especialidades da rama marítimo-pesqueira.
Organigrama Desde a inauguración ata a conversión en centro de ensinanzas integradas, a organización da Universidade Laboral tiña a seguinte estrutura:
Padroado Estaba constituído por un presidente, catro vogais, un representante da xefatura agronómica, un representante da xefatura de industria, un representante do distrito universitario, sete representantes do mutualismo laboral, un representante das caixas de aforros benéficas, un representante da Subsecretaria da Mariña Mercante, dous representantes de libre designación e un secretario. Persoal directivo Estaba conformado por un reitor, un vicerreitor-xefe de talleres, un secretario xeral, un administrador, un xefe de estudos e un director decano-xefe de residencias.
Reitores Durante o primeiro curso (1964-1965) desempeñou o cargo de vicerreitor Eliseo Vigón Escobar. Os seguintes reitores foron os seguintes: