José Ignacio Munilla Aguirre, nado en Donostia o 13 de novembro de 1961, e un eclesiástico e teólogo católico vasco, bispo diocesano de Palencia de 2006 a 2009, de Donostia dende 2009 até 2021, e de Orihuela-Alacant desde ese ano.
Traxectoria José Ignacio Munilla Aguirre naceu en Donostia o 13 de novembro de 1961. Estudou no Seminario Maior de Toledo e posteriormente licenciouse en Teoloxía Espiritual pola Facultade de Teoloxía do Norte de España, con sede en Burgos.
Foi ordenado sacerdote da diocese donostiarra o 29 de xuño de 1986 por José María Setién. Os seus primeiros encargos pastorais foron en Zumarraga, localidade na que foi vigairo parroquial até 1990, e entre 1990 e 2006 párroco da parroquia de El Salvador.
O 24 de xuño de 2006 foi nomeado bispo de Palencia, recibindo a ordenación episcopal de mans do nuncio Manuel Monteiro de Castro o 10 de setembro.
O 21 de novembro de 2009 foi elixido para suceder a Juan María Uriarte á fronte da Igrexa guipuscoana.
Obra
Notas
Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Donostia Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores do País Vasco Categoría:Escritores de literatura cristiá Categoría:Teólogos católicos Categoría:Bispos da diocese de Palencia