A Virxe do Camiño é un lugar da parroquia de Rebordáns no concello pontevedrés de Tui na Comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE en 2013 tiña 83 habitantes (43 homes e 40 mulleres), dez menos ca en 2010 e nove menos ca en 2004. Patrimonio O lugar está situado a carón do Camiño Portugués. Recibe o seu nome pola capela da Virxe do Camiño, construída no século XVIII sobre os restos doutra anterior, e que tiña relación, patrimonial, coa capela do hospital do antigo lugar de Santa María de Bongoi, importante para a época con 12 camas para peregrinos e pobres que mandara edificar o arcediago Fernán Eans contra 1246, quizais no lugar moderno dos Anxos.
No museo da Catedral de Tui consérvase unha imaxe pétrea policromada procedente desta capela. É unha peza do século XII ou XIII adicada s a Nosa Señora do Leite, dándolle o peito ao neno. Segundo a tradición, a talla foi agochada pola veciñanza ante o avance dos mouros, e ao ser atopada de novo decidiuse construír un templo para custodiala.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Rebordáns
Parroquias de Tui
Virxe Virxe