Jesús Soria González, nado en Avilés o 15 de abril de 1881La Región, 9-5-1951, p. 4. e finado en Ourense en xaneiro de 1951El Pueblo Gallego, 21-1-1959, p. 11., foi un pintor, profesor e político galego.

Traxectoria miniatura|300px|Nunha homenaxe a Marcelo Macías en 1917, de pé (de esq. a der.): Losada Diéguez, José Osorio Martínez, Julio A. Cuevillas, Emilio Vázquez Pardo e Jesús Soria. Sentados: Manuel Cambón Fraga, Antonio Gaite Lloves, Benito Fernández e Emilio Amor. Fillo do pintor Policarpo Soria Álvarez. Estudou na Escola de Artes e Oficios de Avilés e trasladouse a Madrid en 1899 co seu irmán Nicolás. Estudou na Escola Especial de Pintura, Escultura e Grabado de Madrid. Participou en varias Exposicións Nacionais de Belas Artes de Madrid e nas Exposicións de Artistas Avilesinos de 1922 e 1924. Foi profesor de debuxo do Instituto de Ourense dende 1906, do foi catedrático e vicedirector. Tamén impartiu clase na Escola Normal de Maxisterio e foi presidente da Xunta Provincial de Primeira Ensinanza. Ao rematar a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Ourense (1930).

Vida persoal Casou en 1911 con Pilar González Palacios.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Alcaldes de Ourense

Ligazóns externas

Mural modernista. Jesús Soria

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Alcaldes de Ourense Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Avilés Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1951