O Hockey Club Sochi (en ruso Хоккейный клуб Сочи) é un club profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Sochi, no Krai de Krasnodar (Rusia). O club foi fundado en 2014 para competir na Kontinental Hockey League (KHL) a partir da tempada 2014-15. Xoga os seus partidos como local no Pazo de Xeo Bolshoy de Sochi, un pavillón inaugurado en 2012 con capacidade para 12.000 espectadores que foi sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 que tiveron lugar na cidade rusa.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Rusia Categoría:Equipos da KHL