Maureen Reillette "Rebbie" Brown, nada como Jackson o 29 de maio de 1950 en Gary, Indiana, é unha cantante estadounidense coñecida profesionalmente como Rebbie Jackson. É a maior dos fillos da familia de músicos Jackson. Actuou xunto cos seus irmáns en espectáculos de Las Vegas, Nevada, antes de aparecer canda eles na serie de televisión The Jacksons. A súa irmá La Toya cando ela tiña 6 anos. Con 34, lanzou o seu primeiro álbum Centipede (1984). O álbum tiña cancións escritas por Smokey Robinson, Prince e o seu irmán máis novo Michael, cuxa contribución (a canción "Centipede") converteuse no maior éxito de Rebbie. A finais da década de 1980, a cantante hestrearía dous álbums máis: Reaction (1986) e R U Tuff Enuff (1988).

Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Gary, Indiana Categoría:Nados en 1950 Categoría:Estadounidenses de ascendencia indíxena americana