O Museo marítimo Seno de Corcubión era un centro adicado á vida marítima da Costa da Morte, situado na vila de Corcubión. Atopábase nunha antiga fábrica de salgadura e foi inaugurado o 6 de outubro do 2001. Nel había gran cantidade de apeiros de pesca, instrumentos de navegación, de salvamento marítimo, maquinaria, obxectos de carpintaría de ribeira e moitas pezas máis relacionadas co traballo no mar.
En 2015 clausurou as súas portas definitivamente, despois do fracaso dunha iniciativa para construír un hotel nas instalacións."El Museo Marítimo de Corcubión afronta su cierre definitivo tras casi dos décadas activo"
Notas
Categoría:Museos da provincia da Coruña Categoría:Corcubión Categoría:Corcubión sen imaxes