Liubomyr Huzar (en ), nado en Lviv o 26 de febreiro de 1933 e finado o 31 de maio de 2017, foi un arcebispo e cardeal ucraíno, arcebispo maior da Igrexa Católica Bizantina Ucraína entre 2001 e 2011.
Traxectoria Liubomyr Huzar, fillo de Yaroslav e Rotyslava, de apelido de solteira Demezuk, naceu en Lviv o 26 de febreiro de 1933, onde cursou a súa educación básica.Leído por Sviatoslav Shevchuk no funeral de Liubomyr Huzar, preparado por Borys Gudziak. Durante a segunda guerra mundial a familia tivo que deixar Ucraína, e inicialmente trasladouse a Austria, continuando Liubomyr os seus estudos en Salzburgo. En 1949 emigrou cos seus pais aos Estados Unidos. Estudou Filosofía no Seminario Católico Ucraíno de San Basilio até 1954 e Teoloxía na Universidade Católica de América.
Foi ordenado sacerdote da exarcado apostólico de Stamford o 30 de marzo de 1958 polo seu bispo, Ambrosii Senyshyn. Inicialmente traballou como profesor no seminario de Stamford, exercendo o seu ministerio en Kerhonkson, Soyuzivka e Ellenville. Ao mesmo tempo ampliou os seus estudos no eido filosófico na Universidade de Fordham, graduándose en 1967. En 1969 marchou a Roma onde se doutorou en Teoloxía pola Pontificia Universidade Urbaniana, cunha tese baixo a dirección de Janez Vodopivec co título "Andrej Sheptycky, Metropolitan of Halych 1900-1944: a pioneer of Ecumenism".
En 1972 entrou no mosteiro de San Teodoro dos estuditas en Grottaferrata, e o 24 de xuño de 1973 profesou como membro da orde dos Monxes Estuditas Ucraínos. O 2 de abril de 1977 foi ordenado bispo por Yosyf Slipyi no mosteiro estudita de Castel Gandolfo. A consagración foi realizada en segredo por mor das sospeitas de Slipyi de que a Santa Sé estaba a evitar calquera enfrontamento coas autoridades soviéticas, e Slipyi decidiu asegurar o futuro da Igrexa ucraína coa consagración de tres bispos.Os outros dos bispos consagrados canda el foron Ivan Khoma e Stepan Chmil.
O mesmo Slipyi nomeouno en 1978 arquimandrita do mosteiro de San Teodoro e responsable dos mosteiros estuditas fóra de Italia. Por outra banda, entre 1973 e 1984 foi profesor da Pontificia Universidade Urbaniana.
O 22 de febreiro de 1996 foi nomeado bispo titular de Nisa in Lycia, e o 2 de abril seguinte foi nomeado exarca arquiepiscopal de Kíiv-Vyshhorod. Porén, ao pouco tempo, o 14 de outubro foi nomeado bispo auxiliar de Lviv, onde estaba a sé arquiepiscopal.
O 25 de xaneiro de 2001 o Sínodo da Igrexa Católica Ucraína elixiuno como arcebispo maior de Lviv, e confirmado polo papa Xoán Paulo II ao día seguinte. O mesmo papa creouno cardeal o 21 de febreiro seguinte, co título de Cardeal-Presbítero de Santa Sofia a Via Boccea.
O 29 de agosto de 2005 a sé arquiepiscopal maior foi trasladada a Kíiv, tomando entón o título de “Arcebispo Maior de Kíiv-Galicia”. Renunciou ao goberno da Igrexa ucraína o 10 de febreiro de 2011. Logo da súa renuncia continuou a súa actividade como figura pública.
Obra
Premios e distincións Foi nomeado doutor honoris causa en Letras Humanísticas pola Universidade Católica de América en 2007.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Nados en Lviv Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Arcebispos católicos de Ucraína Categoría:Arcebispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Primados da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Cardeais de Ucraína Categoría:Cardeais creados por Xoán Paulo II Categoría:Estuditas ucraínos Categoría:Relixiosos católicos de Ucraína Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Urbaniana Categoría:Alumnos da Universidade Católica de América Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Católica de América