miniatura|270px|Piñeiros na praia de Rodas. Existe en Galicia unha riqueza sinonímica enorme que fai referencia á folla do piñeiro, habendo gran número de palabras para denominar á folla desta árbore. Fermín Bouza Brey publicou no ano 1948 Nombres de la hoja del pino en Galicia, nos Cuadernos de Estudios Gallegos do Instituto de Estudos Galegos Padre SarmientoNa revista Cuadernos de Estudios Gallegos nº 10; Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (1948)., traballo no que se recollen por orde alfabética un total de 92 termos diferentes para denominar á folla do piñeiro, e ó seu carón, os lugares onde son utilizados.

Segundo os datos recompilados no Atlas Lingüístico de Galicia (ALGa), non se produciron variacións significativas ó longo dos últimos anos canto á terminoloxía descrita por Bouza Brey, polo que segue estando vixente na actualidade. miniatura|160px|Fermín Bouza Brey.

Hai que apuntar que malia ser o piñeiro unha árbore presente en Galicia dende ben antigo, non ten gran relevancia fitonímica dentro do arborado galego e do norte de Portugal ata mediados do século XVIII, polo que a riqueza sinonímica actual non pode ser anterior a esa épocaSegundo as investigacións respecto ó asunto do Profesor José Luis Pensado, filólogo e lingüista galego; Denominaciones gallegas de la hoja del pino. Brea López, Mercedes (1980)..

As diferentes denominacións que reciben as follas do piñeiro poden facer referencia á folla verde ou á seca (sendo máis relevante a terminoloxía canto a esta última, polas aplicacións que ten no rural galego); tamén se pode facer referencia a unha acícula individual ou ó conxunto de varias acículas (predominando a terminoloxía referida ó conxunto de varias acículas xuntas). Por outra banda esta riqueza sinonímica non está implantada en toda Galicia por igual, sendo máis relevante naquelas zonas onde a presenza do piñeiro é máis significativa.

Clasificación da terminoloxía en grupos Imos facer unha clasificación, establecendo varios grupos, que nos permitan ir dando conta dos distintos nomes a partir dalgún aspecto común.

Vocábulos relativos ó piñeiro ou derivados de Pinus Clasificación dos termos relacionados co piñeiro en si. Respecto ós termos derivados de Pinus temos por exemplo pinica/piñica, alternando n e ñ (igual que en pino/piñeiro). miniatura|200px|Joaquín Sorolla; Pinos de Galicia, 1900. cana: en San Cosme de Barreiros. Este nome expresa en toda a zona oriental a noción xenérica de "rama de arbore". canolca: en Arbo. Podería derivar de cana ou ben de caño/coaño. folla (de/do pino): en Candín, Lubián, A Mezquita, Palas de Rei, Pastoriza e Vilardevós. pelo: en Ribadeo, A Veiga e Vilarmide. Nesta zona emprégase tamén o termo rama. penica: en Betanzos (tamén rela), Carral, Cerceda e Xanceda. pinica: en Codeseda, Ferrol e Laxe e como herba pinica en Negreira. piñica: en Cervás. piñuca: en Callobre. pinisca: en Guimarei. Pinisco aparece recollido en forma masculina nalgúns dicionarios como "punta ou extremidade das ramas e doutras cousas". O portugués emprega tamén algunha destas formas derivadas de Pinus como pinhel en Douro, pinho en Minho e pinhos en Tras os MontesPara as formas portuguesas baseámonos nos vocábulos recollidos en Nomes das "agulhas" sêcas. Revista Lusitana, nº 19. Cláudio Basto (1916), pp. 258-269.. rama (de/do pino): en Mazaricos (tamén pilro), Sísamo, Sobrado dos Monxes, Toques (tamén poma) amais en toda a zona oriental de Galicia, penetrando ás veces cara ó interior. ramada (de/do pino): en Carnota, Corcubión e Louro. resina: en Outes (tamén cisco) e Valga. Como metonimia.

Vocábulos con sentido colectivo Existen tamén vocábulos con carácter colectivo, de tipo xenérico, como fronza que alude en xeral ó "conxunto de ramas miúdas, herbas ou pallas"; relacionado con este termo están tamén froupa e frouma amais tódolos seus derivados. Outros como garabullo/gara ou fustanca fan referencia ó "conxunto de leña miúda e ramas secas".

Canto a denominacións como broza, cosco, gaspallada, gasto, muíña/muña e os seus derivados (abuiña, buiña, moama, moaña, moruxa, maruxo e muán), musgo/musquio, padumeiro, pallugada, pallusca, palluzo e rela a alusión é obvia.

Noutras como banga, pulazo, paúlo, poula ou como poxa, pudia, pucha, puísca e puxa non parecen tan claras; ó igual que acontece con arcema, galba, felpa, feno, maraballa, poma/pomada e tamo, de etimoloxía incerta, se ben parece inequívoco o seu carácter xenérico e a súa alusión a varredura, a desperdicios, a restos vexetais ou á espesura de maleza.

abuiña: en Mondariz (tamén muiña). arcema: na Graña (Covelo) (tamén faísca e pico). banga: en Monterrei. broza: en Carcacía e Monfero (tamén galba e rela). buiña: en Covelo. cosco: en Bora, Poio e Vilaboa. felpa: no Campo Lameiro. feno: en varios sitios da provincia de Pontevedra. En Portugal aparece feno na Illa Terceira e en Vila do Conde e o derivado fenelho en Monção. flouma: en Godóns (Covelo). foupa: en Arbo, A Caniza e Ribadavia. Atopámonos tamén coa súa variante fopa nesta zona. Estendéndose ó sur do río Miño como foupa ou foupeira en Melgaço ou como fopa en Tras os Montes e Beira Alta. froma: en Godóns (Covelo) e como fromas en Cartelle. fronza: en Baleira, Friol, Guitiriz, Muras, Viladonga, Viveiro, en Chandrexa de Queixa (tamén rama) e Vilariño Frío (tamén frouma). Fronza é "conxunto de ramas finas, herbas ou pallas en xeral". frouma e as súas variantes froula, fruma e freuma: na área de confluencia das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra; cara ó sur ata a fronteira portuguesa; de Entrimo a Calvos de Randín e na parte máis occidental do Baixo Miño. miniatura|190px|Lesser Ury; Piñeiro sobre o ceo do serán, década de 1890. froupa: en Cortegada. frouza: en Guitiriz. fustanca: en Boqueixón. galba: en Monfero. gara: en Padrenda. garabullo: en Rois, aplicándose en realidade a pequenas pólas do pino coas follas secas que se apañan para prender lume. Referíndose en sensu stricto ás follas do piñeiro como pica. gaspallada: en Oza e na Ramallosa. gasto: en Catoira e Muxía. maraballa: en Río Caldo, prolongandose ó outro lado da Raia. maruxo: en Salceda de Caselas. moama: en Guntín. moaña ou muaña: en Pereiro de Aguiar. Aparece en portugués como moanha en Tras os Montes. moruxa: en Oza dos Ríos. muán: en Pontedeume. En Portugal aparece como muanha en Mesão Frio. muiña: en Vila de Cruces, Mondariz e A Pobra do Brollón. En Portugal aparece como moinha/muinha en Vila Real. muña: en Larouco e na Veiga de Cascallá. musgo: en Mesoiro e como musgo do pino (ou dos pinos) en Allariz e Caión. musquio: en Sabuguido de Conso. padumeiro: en Ponteareas. pallugada: en Muros. pallusca: no val da Maía. palluzo: en Aguiño. miniatura|Paul Cézanne; O piñeiro grande, 1892-1896. paúlo: no Grove, Marín e Raxó. Empréganse nesta zona outras denominacións. poma: en Cospeito, Goiriz (tamén pomada), Toques e de Ferreira de Valadouro a Candamil. pomada: en Goiriz. poula: en Chantada. poxa: en Coaña e Boal. pucha: en Redondela. pudia: en Guntín. puisca: en Vilasantar. pulazo: en Sada. puxa: en Ouselle. rela: en Baleira, Betanzos e Monfero. tamo: en Carracedo (O Bierzo). truma: en Moaña, como variante de fruma.

Vocábulos co sentido de miúdo Nalgunhas denominacións faise patente o concepto de insignificancia, pequenez ou cousa miúda como arume ou cisco. Outras voces relacionadas con esta idea de miudeza son fiuma ou fiuza, derivados de fío. Finalmente termos como pobela/pubela e pou parecen remitir a po. miniatura|120px|Eduardo Pondal, autor de Queixumes dos pinos.

arume: dende Pontedeume a Malpica, Bamiro, Caión e Ponteceso; zona de onde era orixinario Eduardo Pondal. Tamén recolle Bouza Brey arupe, ó parecer resultado da alteración de arume. cisco: en Lérez, Mondariz e Sanxenxo, en Outes e Roo, ó igual que nalgúns puntos de Portugal, como Braga, Valença e Viana do Castelo. fiuma: en Tomiño. fiuza: en Padrón. pobela ou pubela: en Lindín e Vilarmide. pou: en Baños de Molgas.

Vocábulos relativos ó seu uso para facer lume A folla do piñeiro emprégase para acender o lume, aparecen logo termos relacionados coa idea de moxena.

buisas: en Dodro e Isorna. caruma ou garuma: en Cariño e Rianxo. Esta denominación está moi estendida en Portugal. charamela(s): en Cacheiras e no concello da Estrada en Arnois, Callobre, Castro, Oca e Paradela. geldo: en Bamiro. isca: en Ames, Baloira, Brión, Cacheiras, Callobre, Calo, Dodro, Negreira, Oroso, Osebe, Santeles e Santiago de Compostela. faísca: en Baloira, Callobre, Carballedo, A Graña (Covelo), Moraña, Ribadulla e Vila de Cruces. faísco: en Sanxenxo. faiusca: en Redondela, Salcedo e Soutomaior. fasco: en Arbo, A Lama, Salvaterra de Miño e Soutomaior. No norte de Portugal faísca, faísco e fasco, son voces que están presentes en Arcos de Valdevez, Barcelos, Fafe, Monção, Paredes de Coura e Valença. fasquizo: en Salceda de Caselas. fausca: en Monforte de Lemos. fisco: en Catoira. pilro: en Dumbría, Fisterra e Mazaricos. pirlo: O Barqueiro.

Vocábulos relativos ó seu uso como leito do gando No rural galego usabábanse como cama para o gando restos vexetais, que se apañaban no monte para estrar a corte. Nalgunhas zonas de Galicia ó non existir unha denominación específica para referirse á folla do piñeiro empréganse termos relecionados con esta aplicación. miniatura|Giovanni Segantini; Vaca na corte, 1899.

arxa: en Cacheiras (tamén candea, charamela e isca). baruma: en Santa Comba. bruma: en Bamiro e Xaviña. esquilme: en Bueu, Cangas de Morrazo e Marín. esquilmo: en Baralla e Santa Comba (Lugo). estrume: en Porriño e Tui. gatuma: en Goián. molime: en Lalín e Silleda. molimo: en Oirós.

Vocábulos relativos á forma da folla Canto as denominacións relacionadas coa forma da folla ou con algunha das súas características temos exemplos tan claros coma garfa, espita ou agulla e os seus derivados bullo, bulleiro, gullo, fagulla; por outra banda atopamos espía do pino, espiñada ou raspiñada, derivados de espiña.

Ó ser as follas do piñeiro punzantes, aparecen termos relacionados con esta calidade, como pica ou picón. Finalmente hai outros termos derivados de semellanzas como churuma, que procede de florumen, ó igual que chorima (a flor do toxo); xorde tamén por semellanza candea ou pluma.

agulla: en Aranga, Espiñaredo, Moeche, Monfero, San Claudio, en Baños de Molgas, Entrimo, Oímbra, Pereiro de Aguiar, en Sober e contra Salvaterra de Miño; tamén se usa en Portugal. Trátase dunha das metáforas máis antigas, estendidas e claras para referirse á folla do piñeiro. bulleiro: en Triacastela. bullo: en Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño. candea: en Cacheiras, Fefiñáns, Pereiro de Aguiar, O Porriño, Sárdoma, Tomiño e Xinzo de Limia. Tamén en Portugal. miniatura|150px|Christian Rohlfs; Piñeiro novo, 1907. candeola: en Rabiño (Cortegada). churuma: en Taboada. espía do pino: en Boal. espiñada: na Escravitude. espitas: en Aranga. fagulla: no Rosal. Tamén se usa no portugués. garfa: en Callobre. gullo: en Trobo. horquilla: no Córgomo, Larouco e Vilardevós. Se ben non é resultado fonético galego, pois deriva do castelán. lesta: en Miño. pica: en Caldas de Reis, Cuntis, Moaña, Padrón, Rois e Vilagarcía de Arousa. picaña: en Santa Comba. picaño: no Cabo da Cruz e Roo. picaza/o: na Ramallosa. pico: en Baiona, Cela (Mos), A Graña (Covelo), Moalde, Novefontes, Salvaterra de Miño e Vila de Cruces. picón: en Dodro. pluma: en Nebra e Sárdoma. pruma: en Valdoviño. respiñeira: en Carballedo.

Outras denominacións xiunxio: en Domaio, ó parecer é un nome que resulta da adaptación de fiuncho. Por tanto é un nome tomado doutros vexetais, igual que acontece coa denominación lesta.

Nomes estudados, por orde alfabética miniatura|Bosque de piñeiros.