Ramón María Pedrayo Silva, nado en Ourense o 17 de novembro de 1822 e finado na mesma cidade o 3 de maio de 1899, foi un avogado e político galego. Traxectoria Fillo de Bernardo Pedrayo Andelo e neto do avogado Salvador Silva. Foi alcalde de Ourense en 1854. Na Restauración militou no Partido Conservador e foi nomeado presidente da Deputación de Ourense en 1884. Foi presidente da Academia de Xurisprudencia e decano do Colexio de avogados de Ourense.

Vida persoal

Casou con Antonia Ansoar e foi pai de Eladia Pedrayo Ansoar (e avó de Ramón Otero Pedrayo).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Alcaldes de Ourense

Ligazóns externas

Os Presidentes da Deputación

Categoría:Alcaldes de Ourense Categoría:Presidentes da Deputación de Ourense Categoría:Finados en 1899 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1822 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos