miniatura|300px|Mapa das Indias Orientais de 1697. Indias Orientales é o antigo nome que se lle deu ás "Indias de Asia", en oposición ás Indias Occidentais que eran unha referencia ao novo continente de América.
Foi moi usado desde o século XVI até o XIX, e comprendía todo o sueste e sur de Asia, desde Indonesia á rexión do Indostán.
Porén, outras acepcións daban unha equivalencia co sueste asiático e outras restrinxían máis aínda o seu uso, equiparándoas ao arquipélago Malaio como un sinónimo de Insulindia.
Colonias e compañías O termo Indias Orientais está asociado coa colonización europea. Para iso instituíronse múltiplas compañías que comezaron con fins comerciais monopólicos e logo chegaron á completa explotación e dominio.
Entre as colonias estiveron: Indias Orientais Neerlandesas, gobernada pola Compañía Holandesa das Indias Orientais. Indias Orientais Españolas, posesións da Coroa de España (Filipinas, illas Palau, Guam, illas Marianas, illas Carolinas e outras illas da Micronesia). India Británica e outros territorios gobernados pola Compañía Británica das Indias Orientais. Indochina, posesión do Imperio colonial francés. Anteriormente colonizouse o sueste da India pola Compañía francesa das Indias Orientais. Timor Portugués e moitos outros enclaves de Portugal nas Indias. Serampore, colonia danesa en Bengala, administrada pola Compañía danesa das Indias Orientais. A Compañía sueca das Indias Orientais realizou basicamente actividades comerciais.
Categoría:Asia Categoría:Colonialismo