O Banco de La Coruña, foi un banco galego con sede na cidade da Coruña, activo entre 1859 e 1970.

Historia e características Fundado ao amparo da Lei de Bancos de 28 de xaneiro de 1856, autorizado por Real Decreto de 25 de novembro de 1857 (publicado o 9 de xaneiro de 1858), abriu as súas portas o 1 de xullo de 1859.

Foi fundado como banco emisor por 25 anos, cun capital social de catro millóns de reais de billón. Naceu por iniciativa dun grupo de comerciantes e empresarios coruñeses, que promoveron a creación dun banco propio que salvagardase a autonomía local fronte ao establecemento dunha sucursal do Banco de España que puidese supor un obstáculo ao desenvolvemento do comercio da Coruña.

O 15 de novembro de 1875, desapareceu como tal por mor do Decreto Echegaray de 1874 que establecía o monopolio da emisión de billetes no Banco de España. Posteriormente unha gran parte dos accionistas crearon El Crédito Gallego. De novo, volveu aparecer coa denominación anterior o 8 de decembro de 1917 cun capital de 5 000 000 de pesetas. En 1934 era o 34º banco español. En 1970 absorbeuno o Banco de Bilbao.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Bancos e caixas de aforro de Galicia Categoría:Bancos extintos de España Categoría:A Coruña